Arquivos de Vídeos

Palabras de Jia Zhang Ke

Jia Zhang-Ke

"Todo é política. Todas as escenas do cotián esconden de feito información política. Todas as mudanzas dos personaxes, na súa vida cotiá, revelan en realidade algo político. Todos eses obreiros están máis ou menos no paro, tamén máis ou menos sen domicilio fixo, con ese movemento perpetuo dun lugar a outro, ese sentimento de exilio permanente."

(Jia Zhang Ke, na entrevista que podedes ler en francés en Peauneuve.net)

"O desenvolvemento da China é un desenvolvemento moi abrupto, moi acelerado. Eu quero representar o que sinte a xente, os traumas. De certo que na China hai tamén outros temas históricos —como por exemplo, a Revolución Cultural— que tamén merecen ser filmados, pero a min chámame máis a realidade actual da China"

(Jia Zhang Ke, na entrevista en español para El Amante citada por Miradas de Cine)

E tamén podedes ver esta entrevista brasileira do programa "Metrópolis" da TV Cultura.

Mércores 19 de Decembro ás 22:00
Plataforma
(站台 [Zhàntái], Jia Zhang-Ke, China, 2000, 154′, VOSG)

Chuzame! chuzame -

Comentarios

Repetimos a sesión

Xoguetes soviéticos
(Советские игрушки [Sovetskie igruxki], Dziga Vertov, Unión Soviética, 1924, 10′)

O vello e o novo
(Старое и новое [Staroie i novoie], Serguei Mikháilovich Eisenstein, Unión Soviética, 1929, 121′)

Chuzame! chuzame -

Comentarios (2)