O mércores 6 de xuño, ás 11 da mañá, o Cineclube de Compostela e a Rede Feminista Galega convocaron unha rolda de prensa conxunta, diante do pazo de Raxoi, para informar aos medios da aplicación arbitraria de taxas por parte do Concello. Velaquí o texto remitido á prensa:
«O concelleiro asegurou que nin coa ordenanza actual, vixente dende xaneiro de 2008, nin coa aínda máis restrictiva que o Concello vén de aprobar o xoves 31 de maio, se lles ía cobrar por realizar as actividades que lles son propias ás entidades sen ánimo de lucro nin ás asociacións veciñais. En concreto, o señor concelleiro dixo que “xa non pagan taxas, e así seguirá sendo, porque esa cuestión non se modificará”. Porén, o Concello de Santiago xa está a cobrar taxas ás asociacións culturais e veciñais da cidade, aplicando coma nunca antes a ordenanza de 2008.
O pasado 11 de maio, o Cineclube de Compostela solicitaba permiso do Concello para a utilización da Praza da Oliveira os martes do mes de xuño, de cara a realizar un ciclo de cinema feminista gratuíto na rúa xunto coa Rede Feminista Galega. Case 20 días despois, a Concellaría de Mobilidade, Seguridade Cidadá e Tráfico, que dirixe o señor Vázquez, aprobaba o uso da praza, pero esixindo o pagamento previo dunha taxa de 405,52 euros por día, en virtude dunha ordenanza do 2008 que regula cuestións como a instalación de postos de artesanía, as rodaxes cinematográficas, os grandes espectáculos ou as atraccións. Cun total reclamado de 1622,08 euros, o Concello tenta imposibilitar pola vía económica a actividade, situando o uso do espazo público a un prezo máis elevado ca o marcado pola especulación para os alugueiros dos locais privados.»
«ALAIN BADIOU: A arte, se cadra, e singularmente o cinema, non podería ter por función inventar unha especie de «nós» anónimo, como o é o que une os matemáticos no acordo sobre unha demostración, ou os amantes no acordo da súa travesía do mundo? Eu creo que si, e é por iso tamén polo que escruto as artes inmediatas.
ELIE DURING: Nun número recente de Critique consagrado á ‘cinefilosofía’, vostede fala do cinema como ‘emblema democrático’.
A.B.: Si, con toda a ambigüidade de fórmula. Pois o cinema é evidentemente a produción industrial dunha democracia das imaxes, dun universal compartimento (partage) das imaxes, cuxo paradigma é a arte pompier dos Imperios que chegan á súa fin. Mais é tamén o recurso dun novo envío (adresse) da arte, dunha universalidade que aínda balbuce. É a única arte que, hoxe, se mide co mundo. É a única en poder inventar as ensinanzas e as fábulas que van facer erguer na mocidade, que sobe á escena da vida abafada, as novas e indispensábeis ‘revoltas lóxicas’. Teño fe no cinema.»
O século XXI aínda non comezou, Alain Badiou, pp. 18-19; Amastra-n-gallar.
[na imaxe, proxección no Obradoiro d'O proceso de Artaud, o pasado 26 de maio. Fotografía de Moncho Mariño]
Aproveitando a súa presenza no Culturgal para presentar o libro Non Coniliados, o Cineclube de Compostela decidiu ceder este espazo a Esculca (Observatorio para a defensa de dereitos e liberdades) que espuxo o seu informe sobre a conculcación de dereitos civís que sufriron as habitantes da capital da Galiza nos días previos e durante a vistita do xefe da Igrexa Católica.
Ousmane Sembène (1 de xaneiro de 1923-9 de xuño de 2007):
«No que di respeito a min, xa non apoio cuestións de pureza. A pureza para min é unha cousa do pasado… Sempre estou a me cuestionar. Non ando a buscar unha escola nin unha solución, senón a preguntar para facer pensar a outros».
«Esta loita subterránea, a loita da xente, semellante á do resto, é o que chamo heroísmo de cada día. Eses son os heroes aos que ningún país, ningunha nación lles da medallas, nunca lles fan unha estatua».
Fax de Miramax rexeitando a proposta de Robert Kramer para a realización dun filme en 1998 que levaba por nome Ground Zero.
«O escritor amosa a súa incapacidade para expresar ideas, sentimentos, pensamentos e palabras de maneira coerente» ou, aínda, «… a historia [do filme] carece de sentido e hai unha absoluta despreocupación pola estrutura…»
«…a idea que se ten decote de que o cinema tan só amosa é falsa. Se o pensas é evidente, claro, mais cómprenos tamén enxergar que o cinema non amosa. Se reparades, a idea é a seguinte: que o encadramento, o fotograma, a base mesma do cinema, esixe aceptar que non é só un espazo que fai visíbeis as cousas senón que se trata, asemade, dunha xanela que tapa o que rodea a todo aquilo que é mostrado».
Nunha entrevista a Eyal Silvan, codirector do imprescindíbel filme Ruta 181, fragmento dunha viaxe en Palestina-Israel(2003). Recollida por Enrique Aguilar e Rubén Margalló para http://www.contrapicado.net
Maurice Pialat recolle a Palma de Ouro que o xurado, presidido por Yves Montand, lle concedeu en Cannes 1987 por So o sol de satán e fálalle ao auditorio:
«Non vou traizoar a miña sona… Esta tarde énchenme de ledicia, máis ca outra cousa, os berros e as pitadas que me estivestes a botar. Se vós non me queredes, pódovos dicir que tampouco eu vos quero a vós.»
Podedes ver o vídeo acó (e un bocado máis longo, nestoutra ligazón)
Artigo de Ernesto Ardito (corealizador do filme Raymundo) para a estrea da nova Asociación de documentalistas arxentinos (DOCA). Velaquí o empezo:
«Dous balazos no peito. As bestas que ciscan o horror sobre o asfalto quítannos un amigo, un compañeiro, un documentalista que exercía a súa profesión co norte claro de dar a coñecer ao mundo as novas que as grandes corporacións mediáticas nunca ían contar».
Isto son anacos dunha entrevista que lle fixo o Óscar Faria ao Pedro Costa o 2 de xaneiro de 2006 para o suplemento «Mil Folhas» d’O Público. Vaia de limiar para a programación do Cineclube de 2007…
Pedro Costa: «Essa história dos planos fixos ou da fixidez é como a história dos acordes no punk»
Pedro Costa: «Só posso filmar aquilo que existe, não vou inventar um mundo que não existe. Não vou, não posso, não quero, não sei. O mundo que vejo está podre, é merdoso, está mal fabricado. Há pessoas que têm para mim um valor monumental, maior que outras, que vivem muito mal. Acho que as pessoas deviam estar mais ao nível umas das outras. Há pessoas que deviam estar presas. Por exemplo, Emídio Rangel, devia estar preso. Foram pessoas que destruíram Portugal, como o Salazar. Tive muito medo quando era pequeno; tive pessoas de família que morreram e não só porque estiveram na prisão, morreram na cabeça. Coisas dessas é preciso dizer. Não estamos aqui numa urgência, não é uma urgência. Estamos sempre. O sangue circula, a gente tem de acreditar que ele corre. Aquela frase bonita do Cézanne: “Acreditar na perpetuidade colorida do sangue”. Os rios correm, devem correr, quase não correm, e não é só pelas secas. É porque há uns cabrões numas fábricas… há gajos super ricos que são da treta, que são uns brutos do carago… é preciso dizer essas merdas e os críticos não fazem o seu trabalho. O crítico é uma palavra bonita, um gajo que pensa e ajuda a pensar e faz um texto ainda mais bonito que a mais bonita escultura do Rui. É preciso arriscar um bocadinho.»
Pedro Costa: «Não acho que as pessoas gostam. As pessoas não sabem do que é que gostam. Há muitas pessoas que gostam seja do que for. As pessoas não sabem, as pessoas levam com o que Rangel lá põe, ou punha, o dono da outra lá põe, o patrão da Lusomundo lá põe. Talvez o mundo da arte escape um bocadinho, não sei. Acho que quase tudo participa do mesmo logro. O papel do artista, embora não goste da palavra, é outro. Sempre foi, sempre será, não há maneira de evitar a questão.»
Pedro Costa: «Vivemos num mundo em que os maus e a crítica dos maus é a mesma coisa. O Valentim Loureiro e o Prado Coelho, para mim é a mesma coisa, participam no mesmo embuste. É uma questão de sensibilidade, não é uma questão de cultura. Se a gente fala do Hölderlin não é cultural. Porque há valores nas coisas. Há pessoas que trabalharam para algumas coisas. Não trabalharam para elas. Acredito sinceramente nesse valor. Todas as pessoas que eu mais prezo são pessoas que trabalharam muito, são anónimos, é uma massa, são 90% deste muito, deste planeta. É a África toda, é a Ásia toda, falo dessas pessoas. Falar delas pessoas é falar deste planeta quase inteiro.»
Mércores 29 de maio, ás 21.30h no Pichel Virando Ventana See the Sea LimpaParaBrisas Ponte Quieta Cielulosas Corpi in movemento Due Nueve 8
(Cris Lores, Galiza, 2007-2013, 75', VO) Presentada por Alberte Pagán. Coa presenza do director e a música ao vivo de Urro.
Textos recentes
22 de maio de 2013: Cor can que foxe, Elena Oroz [tradución de Pablo Cayuela]
15 de maio de 2013: Atopar a voz, Ross McElwee [tradución de Álex Argibai]
8 de maio de 2013: Eu recordarei por vós, Juan Forn [tradución de Ramón Fernández Mariño]
1 de maio de 2013: VidaExtra, Ramiro Ledo / Montse Dopico / Malandrómeda
24 de abril de 2013: Torre Bela, Thomas Harlan, Paulo Branco, Serge Daney e Thérèse Giraud
Subtítulos recentes
A marcha de Sherman (Sherman’s March, Ross McElwee, EUA, 1986) [tradución de Cristina García Parga e Álex Argibai]
Reminiscencias dunha viaxe a Lituania (Reminiscences of a Journey to Lithuania, Jonas Mekas, Reino Unido/RFA, 1972) [tradución de Ramón Fernández Mariño]
Torre Bela (Torre Bela, Thomas Harlan, Portugal, 1975) [tradución de Julio Vilariño Cabezas e Xan Gómez Viñas]