VídeosArchive for the ‘’ Category

Urro no Cineclube

Venres, Novembro 4th, 2011

Segunda parte dos concertos que celebraron o 10º aniversario do Cineclube o pasado 11 de xuño. Desta volta publicamos o vídeo que recolle a actuación de Urro.

Cortesía de Cris Lores, membro de Urro.

[Urro (Festa do 10º aniversario do Cineclube de Compostela) en HD. Consulta a sección Vídeos deste blog ou a nosa canle de Vimeo para ver todas as pezas compiladas até o de agora]

As desagradecidas (2): En rachâchant

Xoves, Novembro 3rd, 2011

Exposición e proxeccións no Bar Mercaders

Domingo, Outubro 23rd, 2011

■ Fotografías tiradas por Tomás Montes
__________

Die velos sind für die hippies, animación de Cristina Ultreia Silva proxectada o sábado 22 de outubro no Bar Mercaders. Consulta a sección Vídeos deste blog ou a nosa canle de Vimeo para ver todas as pezas compiladas até o de agora,

Festa malandrómica

Domingo, Outubro 16th, 2011

Achegamos o vídeo do concerto co que Malandrómeda abriu a festa de 10º aniversario do Cineclube de Compostela, celebrada o pasado 11 de xuño de 2011 na Gentalha do Pichel. Nas semanas vindeiras actualizaremos a nosa canle de Vimeo coas actuacións, ese mesmo día, de Urro e Das Kapital.

Cortesía de Cris Lores, membro de Urro.

[Malandrómeda (Festa do 10º aniversario do Cineclube de Compostela) en HD. Consulta a sección Vídeos deste blog ou a nosa canle de Vimeo para ver todas as pezas compiladas até o de agora]

Godard fala de ‘Unha pola outra’ e ‘Todo vai ben’

Mércores, Xullo 13th, 2011

Mércores 13 de xullo ás 22:00 na Praza da Oliveira
Unha pola outra
(Coup pour coup, Marin Karmitz, 1972, Francia, 89′, VOSP)

Xoves 14 de xullo ás 22:00 na Praza da Oliveira
Todo vai ben
(Tout va bien, Jean-Luc Godard / Jean-Pierre Gorin, 1972, Francia, 95′, VOSP)

Reflexións na Casa das Atochas

Venres, Xuño 3rd, 2011

O pasado 11 de maio, por motivos de duración, quedou fóra da proxección de pezas sobre o CSO Casa das Atochas a mediometraxe realizada por Xosé Bocixa. Rescatámola agora para que a poidades ver no noso canal de vídeo, e agradecémoslle ao autor que a puxera á nosa disposición.

[Reflexións na Casa das Atochas en HD. Consulta a sección Vídeos deste blog ou o noso canal de Vimeo para ver todas pezas compiladas até o de agora]

As duracións da vida real

Luns, Maio 30th, 2011

“En Contactos debía darse a experiencia da vivencia da realidade, por dicilo así, na súa totalidade, sen escolmar nada, incorporando aos momentos filmados toda a ganga, valla a expresión, do vivir cotián. Tratábase de misturar nun todo indisociábel o expresivo e máis o inerte, proporlle ao hipotético espectador, provocadoramente —pódese dicir que era un filme contra o espectador, ou cando menos contra os seus hábitos de recepción do cinema—, a imaxe directa das duracións da vida real, algo para o que o cinema está, en principio, pola súa propia natureza, máis capacitado que calquera outra arte, mais ao que adoito renuncia para resultar máis atractivo e interesante”

(Declaracións de Paulino Viota, a respecto do seu filme Contactos, recollidas por Juan M. Campmany en “Secreto tras la puerta”, no dossier “De la clandestinidad a la Transición. El cine de Paulino Viota” [El viejo topo, número 242, marzo de 2008]. O texto completo en galego aquí)

(Vídeo de Lumière gravado durante a visita de Paulino Viota ao Festival Punto de Vista 2011)

Mércores 1 de xuño ás 21.30 no Pichel
Contactos
(Contactos, Paulino Viota, Estado español, 1970, 70′, VO)

Cazarolada ás 19h no Obradoiro

Venres, Maio 27th, 2011

Esta mañá producíronse os primeiros desaloxos pola forza das acampadas espalladas por todo o Estado, destacando pola súa violencia o acontecido na Plaça de Catalunya de Barcelona. Isto deixa ás claras a resposta que dá o sistema a calquera tipo de disidencia. O Cineclube quere expresar a súa solidariedade coas persoas afectadas pola brutalidade dos Mossos d’Esquadra, e facela extensiva á Acampada do Obradoiro, que xa foi ameazada tanto polo alcalde en funcións Xosé Antonio Sánchez Bugallo como polo previsíbel alcalde futuro Gerardo Jesús Conde Roa. Pola mesma, chamamos a secundar a convocatoria das 19.00h na Praza do Obradoiro para amosarmos a repulsa contra a violencia policial.

A caza dos gatos

Xoves, Maio 12th, 2011

Subimos unha das dez pezas que se puideron ver onte no Pichel dentro do filme colectivo en construción sobre o CSO Casa das Atochas. A curtametraxe ten por título A caza dos gatos, e asínana, entre outros, Lara Tigre ou Chris Marker. Que a desfrutedes.

[A caza dos gatos en HD. Consulta a sección Vídeos deste blog ou o noso canal de Vimeo para ver todas pezas compiladas até o de agora]

O proceso de Artaud

Xoves, Abril 28th, 2011

“A relación imaxinaria entre as palabras e a realidade está tamén detrás doutro aforismo do Tractatus: “o que non podo dicir está fóra do mundo”. De aí o carácter implacábel das palabras de Artaud, que teñen o poder de romper o consenso. Pois este Proceso revela que a orixe do político non está na linguaxe compartida, senón sobre todo naquilo capaz de fracturar o común para tentar facelo nacer de novo. De aí o desexo de Artaud –desexo que produce materialmente no ecrán un rostro aural– de poñerlle palabras á disidencia. Fronte ao que podería parecer, este non é o “eu” do artista ante a asemblea, senón o “eu” dunha condicionalidade urxente, o capaz de situar o mundo entre parénteses para poder crebar a orde do mundo. Claro que nese desexo vive un grande silencio. Ao cabo, aínda que sexa quen máis diga “eu”, no filme Artaud fala moito menos que os demais.”

(extracto d’O tribunal da historia, reseña d’O proceso de Artaud publicada orixinalmente no ProTexta nº 16. Podedes lela completa aquí)

Entrevista con Ramiro Ledo no GaliciaHoxe, aquí.

[O proceso de Artaud en HD. Consulta a sección Vídeos deste blog ou o noso canal de Vimeo para ver todas pezas compiladas até o de agora]