«Um dia Cris prestou-me umha cámara de Super 8mm para filmar umha bandeira de Israel que logo pretendíamos “queimar” no projector (para o início de Película urgente por Palestina). Por algum erro técnico, o rolo saiu da cámara tam virge como entrara, agás uns poucos planos que Belén Veleiro rodara com anterioridade. Visto o resultado, e como acto lúdico e didáctico para o filho de Cris, ou quiçá por aburrimento, o neno e mais eu pugémo-nos a rascar e perforar a emulsom negra da película para ver que dava isso na pantalha. Acabada a breve projecçom, esquecim-me da película, que cria no lixo, até que tempo despois vejo-a renascer como a fermosa 8, que tira vida do plástico morto e cores de onde só havia sombras. Em 8 Lores fai coas images rascadas o que pretendíamos fazer inicialmente coa bandeira de Israel: ralentizá-las, queimá-las, distorsioná-las. Mas 8 é umha obra efémera por natureza, porque cada projecçom implica umha perda de “massa muscular”. Tampouco nom tem umha estrutura e umha duraçom fixa, porque para o cineasta-projeccionista cada actuaçom é única: a película original é umha partitura minguante que Lores interpreta de cada vez. Existe o registro videográfico dalgumha destas “interpretaçons” (umha delas sobre as images de Eclipse metanoico no festival (S8)), mas estes sucedáneos nunca poderám substituir a experiência do “directo”.
A paulatina e inevitável desapariçom do material de 8 topou um acougo na acertadamente titulada Alzheimer (2013, 8’). A música de Urro dá-lhe um toque de inquietude à beleza dumhas images que surgem do celuloide que se destrue: o material desaparece para produzir essas cores intensas que o acabarám imortalizando. Como as fotografias de (nostalgia) (Frampton), que ardem e se perdem para sempre ante os nossos olhos ao tempo que ficam registradas e imortalizadas na película.»
(fragmento de Cris Lores. O home da cámara, texto de Alberte Pagán que poderedes ler completo na sesión do vindeiro mércores)
Mércores 29 de maio, ás 22.00h no Pichel Virando Ventana See the Sea LimpaParaBrisas Ponte Quieta Cielulosas Corpi in movemento Due Nueve 8
(Cris Lores, Galiza, 2007-2013, 75′, VO) Presentada por Alberte Pagán. Coa presenza do director e a música ao vivo de Urro.
«O filme [Cor can que foxe] ten a súa orixe nun período de convalecencia durante o cal o director revisa unha serie de imaxes que almacenara en discos duros ao longo de oito anos. Imaxes que, no seu caso, superan a calidade espontánea e casual do arquivo doméstico, e preséntanse coma suxerintes postas en escena. Algunhas delas teñen un claro compoñente mítico: recrean micro-relatos cosmogónicos da súa Venezuela natal ou evocan de forma romántica un tempo perdido que, con todo, ficou tatuado a golpe de tacón nunha baldosa das Ramblas. Outras son rexistros de motivos visuais que remiten a espazos utópicos, coma o sinuoso percorrido polo voluptuoso cadro de El Bosco, ou son olladas fugaces a uns vídeo chats nos que subxace idéntica pulsión erótica. E as menos semellan tests, probas que poderían remitir a algún proxecto frustrado, mais que aquí inseridas se prestan a unha interpretación metafórica. Penso nunha escena na que Duque dá indicacións a un «actor» ao que, pouco despois de que perda o seu zapato, nós, os espectadores, perderemos de vista para sempre. Desde entón, e coma esta personaxe, tenderemos a seguir a corrente, camiñar descalzos en pos dun apoio que nos achande o camiño. Pero isto non ocorre. Ao longo da metraxe as imaxes-memoria sucédense a modo de secuencias oníricas e técense con tenues fíos narrativos nos que a «ficción» se funde co autobiográfico e biofilmográfico. O relato autobiográfico de Duque, ou se cadra sería máis axeitado denominalo autográfico, opera coma un prisma que descompón o eu en impresións, sensacións, afectos, obsesións, lembranzas e fantasías.»
O seguinte vídeo foi armado a partir de fragmentos de filmes proxectados en datas recentes, na súa meirande parte, no Cineclube de Compostela. É, apenas, un agasallo para o Cineclube, a reunión dos filmes e personaxes que nos aprenderon, dalgún xeito, a pensar unha folga xeral:
Kauas pilvet karkaavat (Aki Kaurismäki), Native Land (Leo Hurwitz e Paul Strand), Misère au Borinage (Joris Ivens e Henri Storck), Die 3 Groschen-Oper (Georg Wilhelm Pabst), Le fond de l’air est rouge (Chris Marker), CCCV Cineclube Carlos Varela (Ramiro Ledo Cordeiro), La fonderie (Aki Kaurismäki), Arbeiter verlassen die Fabrik (Harun Farocki), Exit (Sharon Lockhart), Concierto Voces para la Paz 2005 (TVE2), Casque d’or (Jacques Becker), Fóra (Pablo Cayuela e Xan Gómez Viñas), Mouchette (Robert Bresson), Numax presenta… (Joaquín Jordà), Okupación Sala Yago (Galicia Confidencial), Chelovek s kino-apparatom (Dziga Vertov), Proxección Cineclube de Compostela, 18-04-07 (Aurelio Castro), Muhammad Ali, the Greatest (William Klein), Shirin (Abbas Kiarostami), Juventude em marcha (Pedro Costa), Vivre sa vie (Jean-Luc Godard), O fondo do aire é vermello: As desagradecidas (Cineclube de Compostela), Tulitikkutehtaan tyttö (Aki Kaurismäki), Modern Times (Charles Chaplin), Par desmit minutem vecaks (Herz Frank), Lavapiés echa a la policía del barrio (No Nos Vamos), Doli, doli, doli… coas conserveiras (Uqui Permui), Desaloxo (Xurxo Chirro), A caza dos gatos (Lara Tigre), Gravity Hill Newsreels no.3 (Jem Cohen), An Injury to One (Travis Wilkerson), Chats perchés (Chris Marker), Berlin 10/90 (Robert Kramer), Dramatic ground shots of Athens (Russia Today), Vikingland (Xurxo Chirro), Seize the Time (Antonello Branca), Tout va bien (Jean-Luc Godard e Jean-Pierre Gorin), Ariel (Aki Kaurismäki), Escollera Sur (Pablo Cayuela)
Incorporamos á nosa canle de Vimeo o traballo presentado por Ramiro Ledo e Pablo Cayuela o pasado 18 de xaneiro: Galicia 1936-2011. Estudos sobre o filme de Carlos Velo. Nesta serie de tres vídeos (aquí unificados), realizados canda Margarita Ledo a partir da aparición en decembro de 2010 de novas bobinas con material inédito de Galicia (Carlos Velo, 1935), analízanse as diversas fontes que conteñen imaxes do filme perdido de Velo, demóstrase a relación entre elas e, por último, ensáiase una reconstrución hipotética. Velaquí o texto de apoio que describe todo o proceso.
■ Consulta a sección Vídeos deste blog ou a nosa canle de Vimeo para ver todas pezas compiladas até o de agora
Segunda parte dos concertos que celebraron o 10º aniversario do Cineclube o pasado 11 de xuño. Desta volta publicamos o vídeo que recolle a actuación de Urro.
22 de maio de 2013: Cor can que foxe, Elena Oroz [tradución de Pablo Cayuela]
15 de maio de 2013: Atopar a voz, Ross McElwee [tradución de Álex Argibai]
8 de maio de 2013: Eu recordarei por vós, Juan Forn [tradución de Ramón Fernández Mariño]
Subtítulos recentes
A marcha de Sherman (Sherman’s March, Ross McElwee, EUA, 1986) [tradución de Cristina García Parga e Álex Argibai]
Reminiscencias dunha viaxe a Lituania (Reminiscences of a Journey to Lithuania, Jonas Mekas, Reino Unido/RFA, 1972) [tradución de Ramón Fernández Mariño]
Torre Bela (Torre Bela, Thomas Harlan, Portugal, 1975) [tradución de Julio Vilariño Cabezas e Xan Gómez Viñas]