ProgramaciónArchive for the ‘’ Category

Os mellores temas

Martes, Xuño 6th, 2017

“Unha hipótese para todas as películas de Nicolás Pereda: a repetición é un principio poético. Non é calquera figura entre outras. A repetición como acto é unha proba para o creador. Os cineastas soubérono sempre: repetir unha toma implica calibrar o inesperado co ensaio ata conseguir un resultado que se busca ou se intúe. Repítese para diferenciar e achar o plano singular, curiosamente irrepetible grazas á repetición.

(…)

É por iso que habería que pensar Los mejores temas como unha película de deconstrución e clausura. Todas as obsesións están presentes: os lazos familiares imperfectos e desorganizados acentúanse coa chegada do pai ausente de Gabino. A desorde afectiva é palpable, pero a súa lectura e representación aluden a unha faciana inesperadamente cómica. É unha comicidade dolorosa, seca e incómoda, mais propia dunha idionsincracia onde nada parece arraigarse de todo no mundo; vivir é un gag, o que, loxicamente, repítese. Iso non implica que non existan preocupacións económicas e proxectos comerciais destinados a contrarrestar a carencia, mais vender produtos para o benestar corporal ou música gravada non resultan manobras destinadas ao enriquecemento. A precariedade afectiva ten sempre un correlato material, o despoxo económico, máis froito do capricho, a indolencia e a irresponsabilidade. O gag ten un custo”.

[Texto extraído de “Repeticións Virtuosas” por Roger Koza na web do Festival Play-Doc 2014]

Mércores 7 de xuño ás 21:30 no Pichel
Os mellores temas
(Los mejores temas, Nicolás Pereda, México/Canadá/Países Baixos, 2012, 103′, VO)

Xuño 2017

Luns, Xuño 5th, 2017

[Cartaz de Edita R. Oca]

PROGRAMACIÓN

Mércores 7 de xuño ás 21:30 no Pichel
Os mellores temas
(Los mejores temas, Nicolás Pereda, México/Canadá/Países Baixos, 2012, 103′, VO)

Mércores 14 de xuño ás 21:30 no Pichel
O reno branco
(Valkoinen peura, Erik Blomberg, Finlandia, 1952, 74′, VOSG)

Mércores 21 de xuño ás 21:30 no Pichel
Estación do Cairo
(باب الحديد [Bāb al-Ḥadīd], Youssef Chahine, Exipto, 1958, 77′, VOSG)

Mércores 28 de xuño ás 21:30 no Pichel
Marcado para matar
(殺しの烙印 [Koroshi no rakuin], Seijun Suzuki, Xapón, 1967, 91’, VOSG)

■ Preme na imaxe para descargar o cartaz en pdf

Ás

Martes, Maio 30th, 2017

“Escribo sobre a guerra…
Eu, a que nunca quixo ler libros sobre a guerras a pesar de que na miña infancia eran a lectura favorita. De tódolos coetáneos. Non é sorprendente: eramos fillos da Gran Vitoria. Os fillos dos vencedores. Que cal é o meu primeiro recordo de guerra? Á miña angustia infantil no medio das palabras incomprensibles e ameazantes. A guerra sempre estivo presente: na escola, na casa, nas vodas e nos bautizos, nas festas e nos funerais. Incluso nas conversas dos nenos.
Un día o meu veciño preguntoume: “Que fai a xente baixo a terra? Como viven alí?” Nós tamén queriamos descifrar o misterio da guerra.Entón por primeira vez pensei na morte… Xa nunca máis deixei de pensar nela, para min tornouse no maior misterio da vida.
Para nós, todo orixinábase naquel mundo terrible e enigmático. Na nosa familia, o avó de Ucraína, o pai da miña nai, morreu na fronte soterrado en solo húngaro; a avoa de Bielorrusia,a nai do meu pai, morreu de tifo nun destacamento de partisanos; dos seus fillos, dous marcharon co exército e desapareceron os primeiros meses de guerra, o terceiro foi o único que regresou á súa casa. Era o meu pai. Os alemáns queimaron vivos a once dos seus familiares xunto cos seus fillos: a uns na casa e a outros na igrexa da aldea. E así foi en cada familia. Sen excepcións”.

[Texto extraído de “A persoa é máis que a guerra” (tradución da obra de La guerra no tiene rostro de mujer de Svetlana Alexiévich, Barcelona: Círculo de lectores, 2015, p. 11-22)].

Mércores 31 de maio ás 21:30 no Pichel
Ás
(Крылья [Krylya], Larisa Shepitko, URSS, 1966, 85′, VOSG)

MICE: 1977-2017, Catro décadas de cinema etnográfico

Domingo, Maio 28th, 2017

O luns 29 de maio dá comezo a Mostra Internacional de Cinema Etnográfico (MICE), que este ano conmemora corenta anos de vida do Museo do Pobo Galego. O Cineclube de Compostela colabora nesta edición cunha programación de cinco sesións agrupadas baixo o título 1977-2017, Catro décadas de cinema etnográfico. Neste ciclo poderase ver un percorrido que nos leva desde o máis próximo ata as antípodas, da volta dun fillo á casa familiar ou a filmación dunha romaría tradicional ata a narración dun primeiro contacto entre explorador e indíxena no tempo do capitalismo colonial, pasando polas comunidades das periferias de metrópoles contemporáneas. A emerxencia de novas formas de facer onde as narrativas experimentais se mesturan co cinema de observación, a inestabilidade da relación entre suxeito filmado e suxeito que filma ou a procura dun novo lugar para o espectador deses intercambios culturais que ocorren na pantalla son liñas que sobrevoan todo o programa a través das que se poden albiscar pegadas desa formidable transformación que tivo lugar no terreo da antropoloxía visual durante estes últimos decenios.

Aquí podedes descargar o catálogo completo do MICE.

12ª MOSTRA INTERNACIONAL DE CINEMA ETNOGRÁFICO
1977-2017, Catro décadas de cinema etnográfico

Martes 30 de maio ás 18:30 no Teatro Principal
Os mozos do barrio
(Los jóvenes del barrio, Vídeo-Nou, Cataluña, 1982, 40′, VO)
Adolescentes
(Adolescentes, Ángel Santos, 2010-2011, 63′, VO)

Martes 30 de maio ás 22:30 no Teatro Principal
Foreign Parts
(Foreign Parts, Verena Paravel / JP Sniadecki, EUA / Francia, 2010, 80′, VOSG)

Mércores 31 de maio ás 19:30 no Salón Teatro
Fiadeiras de Zobra
(Fiadeiras de Zobra, Daniel González Alén, Galicia, 1981, 14′, VO)
Ven a Bens
(Ven a Bens, Sandra Sánchez, Galicia, 1992, 14′, VO)
Mougás
(Mougás, David Castro, Galicia, 2009, 15′, VO)
Ser e voltar
(Ser e voltar, Xacio Baño, Galicia, 2014, 13′, VO)
Trazos
(Trazos, Alberte Blanco, Galicia, 2016, 9′, VO)

Venres 2 de xuño ás 20:30 no Teatro Principal
Primeiro contacto
(First Contact, Bob Connolly / Robin Anderson, Australia, 1982, 54′, VOSG)

Sábado 3 de xuño ás 18:30 no Teatro Principal
Bosque do deleite
(Forest of Bliss, Robert Gardner, EUA, 1986, 90′, VO)

A cadaquén o seu

Mércores, Maio 24th, 2017

“Mitchell Leisen. Non é celebridade ningunha. Pode que iso explique que o útil libro que lle escribiu David Chierichetti en 1973, Hollywood Director, estea descatalogado, mentres que moitos outros libros inútiles contaminan as estanterías e almacenes das grandes cadenas nacionais, cornucopias de lixo relucinte creadas polas mellores mentes da historia da industria editorial. O libro e o seu suxeito, entón, comparten o destiño similar de estar case esquecidos, sen ter levado unha malleira suficiente como para ser rescatados do que, aparentemente, é un esquecemento bastante prácido. Venr os filmes de Leisen, con todo, prende en nós a ansia de levantarnos en armas e alzar unha ou dúas pancartas na esperanza de asegurarlle ao director o seu xusto tempo de fama. Pasando a A Cadaquén o seu, o dramón por excelencia de Leisen, podería dicirse con crueldae que o filme é lixo relucinte creado polas mellores mentes da historia da industria cinematográfica, pero talvez esa sería unha definición demasiado perfecta como para deixala así”.

[Tirado de “Exacting standards: Director Mitchell Leisen’s film “To Each His Own” epitomizes the director’s work” por Jack Shadoian en Film Comment, 1 de setembro, 1998, no. 5, Vol. 34; Páxinas 40-44].

Mércores 24 de maio ás 21:30 no Pichel
A cadaquén o seu
(To Each His Own, Mitchell Leisen, EUA, 1946, 122′, VOSG)

Carta de amor

Mércores, Maio 17th, 2017

“O 100 aniversario de Kinuyo Tanaka, a lendaria estrela xaponesa, convida á reconsideración dunha carreira cuxa importancia -non só cinematográfica mais tamén cultural- está pouco recoñecida no mundo occidental e talvez aínda debe ser plenamente explorada en Xapón. Fóra do seu país nativo, aínda é máis coñecida polas súas aparicións en tres filmes de Kenji Mizoguchi –A Vida de Oharu (1952), Contos da lúa pálida de agosto (1953), e o Intendente Sansho (1954)- que fan parte da primeira vaga do descubrimento occidental do cinema xaponés. Oharu, en particular, é a apoteose da imaxe de Tanaka: a muller xaponesa como señora nobre, amante, nai, geisha, muller de clase media, prostituta e peregrina, todo abarcado nun só filme por obra e graza dos varridos e xiros que fai a cámara de Mizoguchi. Mais Oharu non saíu de ningures, e a nosa comprensión do filme faise máis profunda polo coñecemento do que supuxo na vida de Tanaka: unha viaxe transcendental aos Estados Unidos dous anos antes e o seu éxito, o ano seguinte, ao embarcarse nunha nova carreira como directora”.

[Tirado de “Unha tarxeta de San Valentín centenaria á lenda da pantalla xaponesa Kinuyo Tanaka” por Chris Fujiwara].

Mércores 17 de maio ás 21:30 no Pichel
Carta de amor
(恋文 [Koibumi], Kinuyo Tanaka, Xapón, 1953, 98′, VOSG)

Sesión especial para a festa do 17: Falas raras

Xoves, Maio 4th, 2017

“A sesión que titulamos Falas raras propón unha viaxe audiovisual polo mundo a partir das voces de distintas linguas minorizadas: kawésqar, occitano, quechua, afar, catalán, asturleonés, bretón, guaraní… Os seus falantes comprométense coa supervivencia da lingua falándoa, cantando e contándonos a súa vida nela. E as súas voces chégannos de todas partes do mundo a través doutra lingua minorizada: o galego.”

Mércores 10 de maio ás 21:30 no Pichel
Sesión especial para a festa do 17: Falas raras.

Arrolo interrompido

Martes, Maio 2nd, 2017

Arrolo interrompido encaixa ao carón dos seus outros relatos de estafadores que interpretan un papel ata que se volve real, pero aquí o conto é tráxico, e comunicado maioritariamente nun estilo declamatorio sen vernizar. É un experimento audaz de naturalismo cinemático aumentado, cuxo único contemporáneo en Hollywood son os filmes sonoros proto-neorrealistas de D.W. Griffith, como A loita [The Struggle], do ano anterior. Un estalido de montaxe dialéctico eisensteiniano alimenta o inicio do filme, pero en canto a localización cambia a Alemaña, o estilo cambia ás tomas longas e sen cortes. Lubitsch móvese dun cinema de velocidade e colisión a un harmonizado aos corpos e o xesto”.

[Tirado de “Arrolo interrompido” por R. Emmet Sweeney]

Mércores 3 de maio ás 21:30 no Pichel
Arrolo interrompido
(Broken Lullaby, Ernst Lubitsch, EUA, 1932, 76′, VOSG)

Maio 2017

Domingo, Abril 30th, 2017

[Cartaz de Misha Bies Golas]

PROGRAMACIÓN

Mércores 3 de maio ás 21:30 no Pichel
Arrolo interrompido
(Broken Lullaby, Ernst Lubitsch, EUA, 1932, 76′, VOSG)

Mércores 10 de maio ás 21:30 no Pichel
Sesión especial para a festa do 17: Falas raras.

Mércores 17 de maio ás 21:30 no Pichel
Carta de amor
(恋文 [Koibumi], Kinuyo Tanaka, Xapón, 1953, 98′, VOSG)

Mércores 24 de maio ás 21:30 no Pichel
A cadaquén o seu
(To Each His Own, Mitchell Leisen, EUA, 1946, 122′, VOSG)

Mércores 31 de maio ás 21:30 no Pichel
Ás
(Крылья [Krylya], Larisa Shepitko, URSS, 1966, 85′, VOSG)

■ Preme na imaxe para descargar o cartaz en pdf

O rito da filla

Luns, Abril 24th, 2017

“Resúltame problemático atopar a linguaxe apropiada para escribir sobre este filme. Molly Haskell dixo de si mesma que era primeiro era crítica de cine e despois feminista, pero Daughter rite non permite facer esa dicotomía. Falarei do filme de Michelle Citron coa voz da crítica, pero cheguei ao filme como unha filla. Para comezar, a crítica de cine non está satisfeita coa descrición do filme da filla. Porque para describir a alternancia de segmentos “documentais” e “filme doméstico”, tiven que impoñerme unha lectura cuestionable do filme. Malia que un hábito de visionado tradicional invita a ver só dous segmentos, hai, de feito, tres “canles” separadas, cada unha pertencente ás tres maiores pólas do reino cinematográfico: ficción, documental e experimental. A primeira canle consiste nunha narración cunha voz en off en primeira persoa, un recurso literario asociado cos filmes de ficción (pero tamén unha técnica do documental tradicional). A segunda canle, baixo o relato da banda de imaxe, consiste en escenas reimpresas opticamente de filmes caseiros que fan lembrar a técnica experimental. A terceira canle, presentada de xeito separado, consiste en metraxe “documental” de dúas irmás falando da súa nai. É natural e tentador interpretar o relato como dominante e como a voz da autora debido a unha longa convención da narración como “voz de deus” no documental. Tamén pode ser tentador, porque a meirande parte dos filmes que vemos empregan o son sincronizado, asumir que a narración en off describe a metraxe doméstica. Finalmente, é case que imposible nun primeiro visionado non intentar crear relacións entre a voz narrativa, as cativas na metraxe caseira e as adultas na metraxe documental”.

[Texto tirado de “Daughter rite. Vivir coa nosa dor, e amor” por Jane Feuer].

Mércores 26 de abril ás 21:30 no Pichel
O rito da filla
(Daughter rite, Michelle Citron, EUA, 1980, 53′, VOSG)