O fondo do aire é vermelloArchive for the ‘’ Category

O fondo do aire é vermello (18). Kaspar Hauser

Sábado, Decembro 3rd, 2011

A partir da figura de Kaspar Hauser, convidamos a Álvaro, membro de Proxecto Derriba, a expoñer as liñas de traballo e pensamento do colectivo do que fai parte. Acompáñano textos de Walter Benjamin e W. G. Sebald e a música de Georges Moustaki ou Tarántula:

■ Os xoves ás 20:00, cada dúas semanas, na Radio Kalimera, no 107.9 do dial, ou a través da rede.

■ Descarga os arquivos dende archive.org en ogg ou en mp3

O fondo do aire é vermello (17). As desagradecidas

Mércores, Novembro 16th, 2011

Na última entrega d’O fondo do aire é vermello procuramos, a partir de diversos textos, as variadas connotacións do apelativo que dá título ao ciclo deste mes no Cineclube de Compostela: As Desagradecidas. As narracións de Brecht, Jelinek ou Genet fían esta nova aproximación ao pensamento desagradecido. Velaquí:

■ Os xoves ás 20:00, cada dúas semanas, na Radio Kalimera, no 107.9 do dial, ou a través da rede.

■ Descarga os arquivos dende archive.org en ogg ou en mp3

O fondo do aire é vermello (16). Revoltas, cinema, memoria

Venres, Outubro 28th, 2011

O fondo do aire é vermello, o programa radiofónico que o Cineclube de Compostela ocupa nas ondas da Kalimera, volve esta tempada cunha programación quincenal, cada dous xoves ás oito do serán no 107.9. Desta vez abrimos o curso cun repaso polos filmes programados durante o mes de outubro, dende Dez minutos máis vello até Winstanley, centrándonos especialmente nas tres últimas sesións, onde Brownlow, Gianvito ou Coutinho achegan algunhas das representacións cinematográficas máis efectivas da memoria das revoltas. Escoitade o programa completo aquí:

(na foto, Urania Mella e María Gómez González na cárcere de Saturrarán. Tirada de Nomes e voces)

■ Os xoves ás 20:00, cada dúas semanas, na Radio Kalimera, no 107.9 do dial, ou a través da rede.

■ Descarga os arquivos dende archive.org en ogg ou en mp3

O fondo do aire é vermello (15). Retransmisión Festa 10º aniversario: partes III e IV

Venres, Xuño 17th, 2011

Achegamos a gravación do concerto que Das Kapital ofreceu na pasada Festa 10º aniversario. E a seguir a escolma musical coa que DJ Chapaev pechou a xornada. Que as desfrutedes:

Parte III: Concerto de Das Kapital

[para descargar aquí]

Parte IV: DJ Chapaev

[para descargar aquí]

O fondo do aire é vermello (15). Retransmisión Festa 10º aniversario: partes I e II

Martes, Xuño 14th, 2011

Radio Kalimera retransmitiu en directo a pasada Festa 10º aniversario do Cineclube de Compostela. Achegamos as dúas primeiras partes da gravación:

Parte I: Presentación do libro Cartaces do Cineclube de Compostela (2001-2011), a cargo de Xosé Carlos Hidalgo e Antonio Doñate

[para descargar aquí]

Parte II: Concerto de Malandrómeda

[para descargar aquí]

Polo de agora, isto é todo. En breve máis…

O fondo do aire é vermello (14). Festa 10º aniversario

Xoves, Xuño 9th, 2011

Velaquí o último programa deste curso d’O fondo do aire é vermello. Desta volta improvisamos un especial dedicado aos músicos que nos acompañarán este sábado 11 de xuño na festa de aniversario do Cineclube, pero tamén aos que estiveron connosco en edicións anteriores ou os que quereríamos escoitar nas vindeiras. Escoitade embaixo a Malandrómeda, Das Kapital, Urro, Los Carradine, Emilio José ou Ataque Escampe. Querémosvos:

Descarga os arquivos dende archive.org en ogg ou en mp3

O fondo do aire é vermello (13). Bobby Sands. Estaleiro Editora

Luns, Maio 9th, 2011

“Esta combinación [da presentación] do libro de Bobby Sands coa proxección do filme [Hunger, de Steve McQueen] constitúe un capítulo máis da colaboración entre ambos proxectos, entre o proxecto de Estaleiro e o proxecto do Cineclube, que son proxectos irmáns que teñen colaborado en moi diversos planos. Os actos desta semana danlle continuidade á boa sintonía que existe entre Estaleiro e o Cineclube”

Isaac Lourido, na entrevista que concederon a O fondo do aire é vermello el e Samuel Solleiro, co gallo da edición, por parte de Estaleiro Editora, de Um dia da minha vida, o libro que Bobby Sands escribira na cadea de Long Kesh a finais dos anos setenta. Podedes escoitala aquí:

Os xoves ás 20:00, cada dúas semanas, na Radio Kalimera, no 107.9 do dial, ou a través da rede.

Descarga os arquivos dende archive.org en ogg ou en mp3

O fondo do aire é vermello (12). Alberte Pagán

Venres, Abril 15th, 2011

Desta volta aproveitamos a recente visita de Alberte Pagán ao Cineclube para preguntarlle con tempo sobre a súa obra e os seus futuros proxectos. Podedes escoitalo aquí:

Os xoves ás 20:00, cada dúas semanas, na Radio Kalimera, no 107.9 do dial, ou a través da rede.

Descarga os arquivos dende archive.org en ogg ou en mp3

(máis información sobre os filmes de Alberte Pagán na súa páxina)

O fondo do aire é vermello (11). Black Panthers

Venres, Abril 1st, 2011

O último día de marzo falamos con Xoán R. Sampedro sobre o ciclo dedicado aos Black Panthers que ocupou a nosa programación deste mes. Unha aproximación á súa traxectoria política e estética, encadrada polos filmes de Agnès Varda, Antonello Branca, Howard Alk ou o San Francisco Newsreel, algúns dos que puidemos ver durante os mércores de marzo. Black is beautiful:

Todos os xoves ás 20:00 na Radio Kalimera, no 107.9 do dial, ou a través da rede.

Descarga os arquivos dende archive.org en ogg ou en mp3

O fondo do aire é vermello (10). Punto de Vista

Venres, Marzo 18th, 2011

Segunda parte do especial dedicado ao Punto de Vista 2011. Nesta ocasión falamos con Josetxo Cerdán, director do festival, e Gonzalo de Pedro, coordinador de programación. Comentamos, asemade, os filmes que máis nos interesaron, dos que avanzamos unha pequena escolma sonora. Esperamos que vos guste:

Todos os xoves ás 20:00 na Radio Kalimera, no 107.9 do dial, ou a través da rede.

Descarga os arquivos dende archive.org en ogg ou en mp3

(imaxe: fotograma da cabeceira realizada por Fernando Franco para a sétima edición do festival)