FestaArchive for the ‘’ Category

Curtas, música e baile na 16ª Festa do Cineclube

Xoves, Abril 20th, 2017

Sábado 22 de abril a partir das 19:00h no Pichel 
Festa do 16º aniversario do Cineclube de Compostela

19.00 | Proxeccións
O señor Jazz mozo
(Young Mr. Jazz, Hal Roach, EUA, 1919, 10′, VOSG)

“De todos os cómicos do cinema silente americano, Harold Lloyd (cos seus ollos grandes rodeados das gafas de cuncha) é o que capta da maneira máis vívida a exhuberancia das capas das revistas de John Held Jr., aquelas que retrataban flappers e dandis e afeccionados ao charlestón. Cando non rubía polo bordo dun rañaceos ou loitaba coa maquinaria dun reloxo precariamente situado en Safety Last, a determinación de Lloyd para triunfar encarnaba o ímpeto e o pulo que asociamos coa era do jazz”.

[Texto tirado de “Silently, the screens sprang to life” Michael Phillips en Chicago Tribune]

Those were the Days
(Those were the Days, Aki Kaurismäki, Finlandia, 1992, 4′, VO)

“A interpretación dos Leningrad Cowboys de Those Were The Days non é unha versión ao uso do tema de Mary Hopkin, se non que inclúe dous extractos de Padam, Padam, tema clásico francés asociado á figura de Edith Piaf. A estilización do París que vemos na peza consegue evocar a cidade francesa a través dunhas poucas iconas recoñecibles […] e serve como marco á historia dun Leningrad Cowboy acompañado só por un burro ao que se lle denega a entrada no bar. […] O videoclip fala da figura do emigrante pobre, do ente desprazado da súa contorna, o que vén subliñado polo uso de dúas cancións de diferente idioma e procedencia.”

[Tirado de “Botas, tupés e rock’n’roll dos ‘koljós’: Kaurismäki e os Leningrad Cowboys” por Julio Vilariño en A Cuarta Parede]

Mentres teñamos a embriaguez
(Pourvu qu’on ait l’ivresse, Jean-Daniel Pollet, Francia, 1958, 20′, VO)

“Reportaxe sobre a soidade ao mesmo tempo que ensaio poético sobre os bailes dos arrabaldes, Mentres teñamos a embriaguez revelou un cineasta que sabía ter a mesma tenrura que Raymond Queneau ao respeito do seu amigo Pierrot, pero tamén a mesma ferocidade que Jean Vigo en A propósito de Niza. Cando Orson Welles rodou Cidadán Kane tiña 25 anos. Despois, todos os cineastas do mundo enteiro soñaron con facer o seu primeiro gran filme antes de pasar esa idade. Pollet será o primeiro en realizar ese soño”.

[Tirado de “La ligne de mire” por Jean-Luc Godard en Cahiers du Cinéma, marzo 1969]

21.00 | Concertos | Entrada para as bandas: de 5 euros a 8 euros
MOUNQUP
GUATEQUE ESCAMPE
LAMPREA EXPLOSIVA

00.30 | Picadiscos
Sesión DJ Chapaev

16ª Festa Aniversario

Martes, Abril 11th, 2017

16 festa cineclube

Sábado 22 de abril a partir das 19:00h no Pichel 
Festa do 16º aniversario do Cineclube de Compostela

19.00 | Proxeccións
O señor Jazz mozo
(Young Mr. Jazz, Hal Roach, EUA, 1919, 10′, VOSG)
Those were the Days
(Those were the Days, Aki Kaurismäki, Finlandia, 1992, 4′, VO)
Mentres teñamos a embriaguez
(Pourvu qu’on ait l’ivresse, Jean-Daniel Pollet, Francia, 1958, 20′, VO)

21.00 | Concertos | Entrada para as bandas: de 5 euros a 8 euros
MOUNQUP
GUATEQUE ESCAMPE
LAMPREA EXPLOSIVA

00.30 | Picadiscos
Sesión DJ Chapaev

Que foi, Tiger Lily?, unha historia de espionaxe e ensalada de ovo

Xoves, Abril 14th, 2016

Que foi, Tiger Lily?

“A marabillosa sorpresa de Que foi, Tiger Lily? – un modesto exercicio de explotation que anticipa a carreira como director de Woody Allen, e á que inexplicabelmente lle levou toda unha década chegar á súa estrea en Inglaterra – é todo o percorrido que se lle saca ao que podería parecer unha idea inicial moi limitada; no puro ámbito da risa, seica é o filme máis consistentemente hilarante dos que Allen leva feito até o momento. Indubidabelmente un factor crucial do seu éxito deriva da desprexuizada maneira nas cales os cineastas americanos levan a cabo as súas estratexias principais. A diferencia dos debuxos animados norteamericanos e a súa dubidosa práctica de perpetuar os estereotipos racistas de Amos e Andy atribuíndo voces similares a caracteres animais, esta comedia lixeira de 1966 evita as posibilidades chauvinistas inherentes nun proceso inverso de dobraxe de escenas de actuación con actores xaponeses mediante voces americanas – moitas delas evocadoras dos animais dos debuxos animados – polo feito de utilizar un material orixinal que, por si só, xa cheira a parodia do cinema Americano, e tendo o coidado de lembrarlle á audiencia o que se está a facer en cada momento do traxecto.

De feito, sen resultar demasiado solemne, un podería propor este filme como unha demostración exemplar da clase de cousas que imaxe e son poden facer a unha polo outro, un principio que resulta como fundamento de moitos dos mellores gags (…). Cun espírito frenético digno dos mellores Tex Avery e Frank Tashlin, o poeta alardea da súa frustración sexual, un inxenuo envolto nunha toalla solicítalle ao heroe que «nomee a tres presidentes», e máis adiante oirémolo farfullando como un Jerry Lewis retardado mentres mira a outro polo ollo dunha pechadura.

Varias das súas pelexas de artes marciais están puntuadas por insultos como «Vaca romana! Serpe rusa! Mosca española! Can espartano! Toffe turco!», e pouco despois remárcalle a un vilán aquilo de «Dous Wongs non fan un branco», e escóitase a un taberneiro demente coa voz dun esmagado Peter Lorre arremetendo a cantar un gospel. E a pesar dalgúns insertos americanos algo obvios para acomodar mensaxes escritas e as varias intrusións de Allen ou os Lovin’ Spoonful, e evidentes re-mesturas e acomodos da narración orixinal, un experimenta o filme principalmente como unha forma enxeñosa de contrapunto pola cal a banda sonora non só ofrece meros chistes verbais, se non que virtualmente prepara o terreo para outros gags visuais, suxerindo unha auténtica colaboración (máis que unha traizón) das sinerxías do filme orixinal. E, en contraste coas mellores partes de Bananas, Todo o que sempre quixo saber sobre sexo, e O Durmilón – que tenden a poñer sobre a mesa notables ideas visuais e/ou narrativas para logo non saber o que facer con elas – o ritmo vivaz deste esforzo máis temperán suxire que Allen ben podería utilizar colaboradores laboriosos como Hideo Ando ou Senkichi Taniguchi nos seus futuros filmes”.

[Fragmento dunha crítica de What’s Up, Tiger Lily?, por Jonathan Rosenbaum]

Sábado 16 de abril a partir das 19: 30h no Pichel
FESTA DO 15º ANIVERSARIO DO CINECLUBE DE COMPOSTELA

19.30 | Proxeccións
Que foi, Tiger Lily?

(What’s Up, Tiger Lily, Woody Allen, EUA, 1966, 80′)

15ª Festa Aniversario

Mércores, Abril 13th, 2016

cartelfestacineclube

[Cartaz de Edita R. Oca]

Sábado 16 de abril a partir das 19: 30h no Pichel
FESTA DO 15º ANIVERSARIO DO CINECLUBE DE COMPOSTELA

19.30 | Proxeccións
Que foi, Tiger Lily?

(What’s Up, Tiger Lily, Woody Allen, EUA, 1966, 80′)

21.30 | Concertos | Entrada: 5 euros

ATRÁS TIGRE
EMILIO JOSÉ E OS INDÍGENAS
NISTRA (DJ SET)

01.00 | Picadiscos
Sesión DJ Chapaev

14ª Festa Aniversario

Venres, Xuño 19th, 2015

cartaz festa 2015 [Cartaz de Edita R. Oca]

Sábado 20 de xuño a partir das 19.30 no Pichel
FESTA DE 14º ANIVERSARIO DO CINECLUBE DE COMPOSTELA

19.30 | Proxeccións
Rock’n’Roll High School (Allan Arkush, EUA, 1979, 93′, VOSG)

22.00 | Concertos

CINTA ADHESIVA
ESPOSA
PANTIS

01.30 | Picadiscos
Sesión DJ Chapaev

Festa de 13º aniversario

Venres, Xuño 13th, 2014

[Cartaz de Pablo Cayuela]

Sábado 21 de xuño a partir das 19.30 no Pichel
FESTA DE 13º ANIVERSARIO DO CINECLUBE DE COMPOSTELA

19.30 | Teatro
BERLÍN (Histeria Teatro)

20.30 | Proxeccións
Duck Amuck (Chuck Jones, EUA, 1953′, 7′, VOSG)
O substituto (Surogat, Dušan Vukotić, Iugoslavia, 1961, 10′, VO)
Rexeitado (Don Hertzfeldt, EUA, 2000, 9′, VOSG)

21.30 | Concertos
THE LOST OMELETTE-MAKERS (Galiza)
PUTAN CLUB (Franza)
ROLANDO BRUNO Y SU ORQUESTA MIDI (Arxentina)

01.30 | Picadiscos
DJ’S ORDE & PROGRESO

 

12º Festa Aniversario

Xoves, Maio 30th, 2013

 

FESTA ANIVERSARIO Nº12 — CINECLUBE DE COMPOSTELA
Sábado 8 de xuño de 2013, a partir das 19.30 no C.S. O Pichel 

19.30 | Teatro
Hámster (Histeria Teatro, 30′)

20.30 | Proxeccións
De jamones y monjas (Daniel Cuberta, 2011, 37”, VO)
Secreto para despertar al pueblo (Daniel Cuberta, 2012, 1’26”, VO)
Sé villana. La Sevilla del Diablo (María Cañas, 2013, 40′, VO)

22.00 | Concertos
Santos Morcegos!!!
Familia Caamagno
DJ Chapaev

Entrada concertos: 3€ (destinados íntegramente aos músicos)

 

Festa—11

Xoves, Maio 31st, 2012

Este sábado 2 de xuño, dende as 20h, celebramos a nosa tradicional festa de aniversario no Pichel. Desta volta, os músicos convidados son Das Kapital, Ataque Escampe e a Magnifique Bande dos Homes sen Medo. Para presentalos contaremos con Chiqui Pereira e Paula Carballeira, do grupo de teatro Berrobambán. E antes de nada, para abrir a noite, poderedes ver tres curtametraxes de Buster Keaton, Laurel & Hardy e Segundo de Chomón que falan ben deste tempo de andar a correr diante da policía… Insistimos: o fondo do aire é vermello.

Sábado 2 de xuño a partir das 20h no Pichel
FESTA XI ANIVERSARIO | Entrada: 4€ (destinados exclusivamente aos músicos)
Presenta:
Berrobambán

Filmes (20h):
Cops (Buster Keaton, EUA, 18′, 1922, VO)
Big bussiness (Laurel & Hardy, EUA, 19′, 1929, VO)
Pickpocket ne craint pas les entraves (Segundo de Chomón, Franza, 8′, 1909, VO)

Concertos (22h):
Das Kapital
Ataque Escampe
Magnifique Bande dos Homes sen Medo


Peche:
DJ Chapaev

■ Preme en cada imaxe para descargar os cartaces en pdf

 

Festa 10º aniversario

Xoves, Xuño 9th, 2011

O vindeiro sábado 11 de xuño celebramos o décimo aniversario do Cineclube de Compostela. Nesta ocasión contaremos cos concertos de Malandrómeda, Urro e Das Kapital, e máis os servizos de DJ Chapaev para pechar a velada. Pero antes abriremos coa proxección de Celia Cruz & Fania All Stars Live in Zaire, un filme de Leon Gast que rexistra o concerto que os latinos deran en Kinshasa no ano 1974. Entre a proxección e os concertos aproveitaremos para vos presentar o libro Cartaces do Cineclube de Compostela (2001-2011), que recolle en pequeno formato toda a produción gráfica do Cineclube nestes dez anos de andaina. Agardámosvos no Pichel (rúa Santa Clara 21) a partir das 20.00.

Sábado 11 de xuño ás 20.00 no Pichel
20h: proxección de Celia Cruz & Fania All Stars Live in Zaire
21h: presentación do libro Cartaces do Cineclube de Compostela (2001-2011), a cargo de Xosé Carlos Hidalgo e Antonio Doñate
22h: concertos de Malandrómeda, Urro e Das Kapital
??h: DJ Chapaev

(entrada: 3€, destinados íntegramente aos músicos)

Atención á mudanza na orde dos concertos: tocarán primeiros Malandrómeda, logo Urro e por último Das Kapital.

Festa 8º Aniversario

Venres, Xuño 26th, 2009

festa-09.indd

FESTA 8º ANIVERSARIO DO CINECLUBE

Sábado 4 de Xullo, ás 20.30 horas
Building a Broken Mousetrap, The Ex Live in New York
(Jem Cohen e Matt Boyd, EUA, 2004, VO, 63′)

Sábado 4 de Xullo, ás 22.30 horas
Concertos (Entrada 5€):
MALANDRÓMEDA (Concerto especial cinema)
CU DE VASO
URRO

(podedes descargar o cartaz aquí)