Arquivo paraCompartir non é delito

Carta a un cineasta mozo

p1020158

En 1986, un mozo, cineasta de Orleáns, Dominique Emard, realiza J, un filme de vinte minutos tirado dun anaco de L’Arrêt de mort de Maurice Blanchot. Escribiulle ao autor, via Gallimard, por pedirlle autorización para a súa difusión en circuítos non comerciais. Velaquí a notiña que recibiu á volta do correo. O sobre leva un carimbo datado o 16 de agosto. O título é obra da redacción [de Trafic].

"Querido señor,

O libro recente de Deleuze sobre Foucault, tróuxome á memoria un texto de antano (que sen dúbida vén en L’Entretien infini) titulado “Parler (écrire), ce n’est pas voir”. De aí o meu desacougo cando vexo o escrito pasar ao visíbel. Mesmo a lectura en voz alta me pon medo. No intre mesmo de ver a luz ese texto, que ten perto de corenta anos, France Culture (coido), propúxome darllo a ler a un actor. Recusei, aínda que mo pediu un amigo.

Cos meus libros houbo excepcións, mais non autorizadas. E a ORTF [Office de Radiodiffusion Télévision Française] tirou un pequeno filme de Thomas l’Obscur (La Mort d’Anne) con imaxes a cor e a voz de Lonsdale. Queixeime en van. A partir disto, decateime de que eu non era “propietario” destes textos, e de que, en tanto autor, non posuía dereito ningún sobre eles, so condición precisamente de que non se me pida autorización.

Daquela, non me pregunte. Faga coma se houbera moito tempo da miña morte e fose incapaz de lle dar o meu parecer dende ultratumba.

Doutro xeito, cumpriría falar con Gallimard, que posúe o “copyright”, logo a metade dos dereitos de autor. Descoide. Faga coma se eu tiver, se non as dotes, polo menos a idade de Homero.”

Maurice Blanchot

(Publicado en Trafic, no.49, primavera 2004. Texto en pdf aqui)

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Comentarios

Querervos ou barbarie (IV)

aki kaurismäki

"De parte de Ataque Escampe (se ben con retraso, xa que o xuízo debeu ter sido xa) expresamos a nosa solidariedade co Cineclube. Pois iso. Saúde e/ou barbarie, adiante!"

10 de maio de 2007

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Comentarios

Querervos ou barbarie (III)

"Compañeir*s do Cineclube!

A Asemblea da Educación Crítica quérevos transmitir todo o noso apoio e solidariedade.

Dende a nosa proposta de loita por uns outros xeitos de facer educación, entendemos que esta debe construirse na interacción e a concientización como canle para chegares ao cambio social. É, sen dúbida, nesa construcción onde a libre circulación da cultura ocupa un lugar indispensabel.

Achegámovos as nosas voces para unirmos: Compartir non é delito!

Adiante compañeir*s!"

9 de maio de 2007

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Comentarios

Querervos ou barbarie (II)

lucienne bloch, diego rivera e frida kahlo

“Caras companheiras do Cineclube de Compostela:

Desde Estaleiro Editora queremos amosar-vos a nossa solidariedade e oferecer-vos o nosso apoio para o juízo do vindeiro 10 de maio.
Somos conscientes do que supom um acontecimento tal para todas as pessoas que trabalhamos nessa frágil margem na que o sistema capitalista nos deita quando nom estamos dispostas a passar polo aro de copyrights, dereitos de autor e demais obstáculos para a livre circulaçom das ideias.
Em Estaleiro Editora aplaudimos o jeito de trabalho impecável que tem levado até a data o Cineclube de Compostela e asumimos a sua política respeito das licenças como única possível para umha difusom saudável dos produtos culturais.
Fica expressado portanto o nosso apoio e desde logo a nossa disposiçom a contribuír com os meios que estejam nas nossas mans para a vossa luta, que é tamém a nossa.

Compartir nom é delito. Nom à SGAE.
Saúde e abordagem

Estaleiro Editora"

8 de maio de 2007

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Comentarios

Querervos ou barbarie (I)

Joris Ivens (esq.) conversa con Santiago Álvarez

"Desde galiza independente, agência gráfica, solidarizamo-nos com o cineclube Compostela, autêntico referente na socializaçao do conhecimento e na democratizaçao do accesso às artes e à cultura."

8 de maio de 2007

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Comentarios (1)