Arquivo paraCartaces

Ousmane Sembène

CICLO OUSMANE SEMBÈNE

Martes 9 de marzo, na Casa das Atochas ás 20:30
A negra de...
(La noire de..., Franza / Senegal, 1966, 65', VOSG)

Martes 16 de marzo, na Casa das Atochas ás 20:30
O mandato (O xiro postal)
(Mandabi, Franza / Senegal, 1968, 90', VOSG)

Mércores 17 de marzo, no Cineclube de Compostela ás 21:30
O mandato (O xiro postal)
(Mandabi, Franza / Senegal, 1968, 90', VOSG)

Mércores 24 de marzo, no Cineclube de Compostela ás 21:30
Xala
(Xala, Senegal, 1975, 123', VOSG)

Martes 30 de marzo, na Casa das Atochas ás 20:30
Moolaadé
(Moolaadé, Senegal / Franza / Burkina Faso / Camerún / Marrocos / Túnez, 2004, 124', VOSG)

Mércores 31 de marzo, no Cineclube de Compostela ás 21:30
Ceddo
(Ceddo, Senegal, 1977, 120', VOSG)

Martes 6 de abril, na Casa das Atochas ás 20:30
O carreteiro
(Borom Sarret, Senegal, 1966, 20', VOSG)
Mesa redonda arredor da figura de Ousmane Sembène.

Podedes descargar o cartaz en pdf aquí.

Ciclo de Ousmane Sembène, do 9 de Marzo ao 6 de Abril, no Cineclube de Compostela e na Casa das Atochas

Responder
|
Cineclube de Compostela
O Cineclube de Compostela e A Casa das Atochas programan un ciclo sobre o dir...
5 mar (4 dias atrás)
Cineclube de CompostelaCarregando...
5 mar (4 dias atrás)

Cineclube de Compostela

para bcc: fran-raso, bcc: harisheldon, bcc: maramaroide, bcc: minoskka, bcc: produccion, bcc: rebecaces, bcc: redmaxim2001, bcc: Alba, bcc: Ana, bcc: Ana, bcc: Antía, bcc: Anxo, bcc: Aurelio, bcc: Beatriz, bcc: Belén, bcc: Berrobambán, bcc: Carlos, bcc: Carlos, bcc: Carme, bcc: Carmen, bcc: Carmen, bcc: Chiqui, bcc: Cris, bcc: Cristina, bcc: Cristina, bcc: Daniel

mostrar detalhes 5 mar (4 dias atrás)
 

O Cineclube de Compostela e A Casa das Atochas programan un ciclo sobre o director senegalés Ousmane Sembène, que se vai desenvolverse entre o 9 de Marzo e o 6 de Abril nas cidades de Santiago e A Coruña. Ao longo desta retrospectiva poderá verse unha ampla parte da filmografía deste realizador, cos filmes A negra de..., O xiro postal, Xala, Moolaadé, Ceddo e O carreteiro. As proxeccións en Compostela serán os mércores 17, 24 e 31 ás 21:30 no Centro Social O Pichel (Santa Clara, 21) e na Coruña os filmes proxectaranse na Casa das Atochas (Rua Atocha Alta, 14) ás 20:30 os martes 9, 16 e 30 de Marzo e 6 de Abril. Esta última sesión contará tamén cunha mesa redonda arredor do director.

Nacido en 1923, fillo dun pescador senegalés, Sembène acudiu ás escolas coránica e francesa e xa con quince anos foi traballar a Dakar e con 23 emigrou a Marsella. Alí, coñece a varios escritores e afiliase ao Partido Comunista e á CGT, tomando consciencia. Tras traballar de operario e mesmo militar no exército francés, comeza unha carreira de escritor comprometido, que loita contra a guerra de Indochina e pola independencia da Alxeria. En 1960, de volta en Senegal, comeza a pensar, coas primeiras independencias africanas, nas posibilidades do cinema como arte de resistencia, o que o levará a ser considerado o pai do cinema africano.

Tras varias curtas, Sembène realiza a súa primeira longametraxe en 1966 con A negra de... (La noire de..., Franza / Senegal, 1966), que se vai proxectar o martes 9 de marzo, na Casa das Atochas. Baseada nun dos seus propios relatos, constrúe a través dos pensamentos de Diouana, unha rapaza de Dakar que traballa para unha familia en Franza, unha historia de racismo e dominación postcolonialista. O filme vai acadar o premio Jean Vigo, malia a súa curta duración, e vai facer que o nacente cinema africano comece a interesar en occidente, especialmente en Franza, até o punto que Jonathan Rosenbaum teno cualificado como a xénese simbólica do cinema subsahariano.

O éxito de A negra de... serviulle para poder filmar O mandato (O xiro postal) (Mandabi, Franza / Senegal, 1968), que roda xa integramente na África e introducindo as linguas locais, co bilingüismo wolof-francés (martes 16 de marzo, na Casa das Atochas e mércores 17 de marzo, no Cineclube de Compostela). Baseado na súa novela O xiro postal, publicada en galego por Rinoceronte, e organizada como un conto tradicional africano, conta a historia dun parado senegalés, Ibrahim, que recibe un xiro do seu sobriño mais non o pode cobrar por faltarlle a carta de identidade. Modelo de crítica postcolonial dupla, o filme fuxe da dicotomía maniquea para mostrar os problemas da “legalidade” e “cidadanía” nun Senegal xa independizado.

A O xiro postal seguiríanlle Emitai e Xala (Xala, Senegal, 1975), filme este que poderemos ver o mércores 24 de marzo no Cineclube de Compostela e que toca tamén os problemas da África postcolonial, neste caso a través da corrupción. Xala significa impotencia sexual, e a fita, unha vez máis baseada nunha novela de Sembène, é unha sátira irónica e brillantemente satírica, que sufriu até once cortes da censura antes de poder ser exhibida en Dakar. No filme, El Hadji Abdou Kader é membro dun grupo de magnates senegaleses unidos para “tomar o control da economía do país” e “combatir a invasión de intereses estranxeiros”. Mais a elite emerxente pronto empregará os mesmos metodos e ideoloxías que os mercaderes brancos aos que viñeron a substituír...

O seu seguinte filme (mércores 31 de marzo no Cineclube de Compostela), Ceddo (Ceddo, Senegal, 1977), un dos títulos máis ambiciosos de Sembène, foi prohíbido en Senegal cunha excusa técnica, aínda que a verdadeira razón sería a súa crítica da relixión. Esta fita usa a historia do secuestro dunha princesa para examinar a contradición entre forzas culturais en loita polo golfo da Guiné: a expansión musulmá, o cristianismo e o tráfico de escravos. O ceddo, unha clase feudal de xente do común, loita desesperadamente nese escenario por manter os seus costumes e a relixión frente aos cambios que se producen. Aínda que ambientada no século XIX, o transfondo da fita inclúe a filosofía, a épica e a política que atravesan toda África ao longo das dúas últimas centurias.

O ciclo non inclúe as longametraxes Campo de Thiaroye, Guelwaar e Faat Kiné, mais si poderemos ver Moolaadé (Moolaadé, Senegal / Franza / Burkina Faso / Camerún / Marrocos / Túnez, 2004), a súa última longametraxe (martes 30 de marzo na Casa das Atochas). Centrado nas mulleres, un dos temas preferidos de Sembène, este filme aborda o tema da ablación feminina cunha perspectiva que incita a reflexionar sobre esta práctica. Nunha aldea senegalesa, catro nenas que fuxen deste ritual piden protección a Collé Ardo, unha muller que sete anos antes evitou que a súa filla sufrise unha ablación. A partir dese momento, dous valores tradicionais da poboación da aldea mostranse como enfrentados: o respecto ao dereito de asilo (moolaadé) e a práctica da ablación (salindé).

Por último, o 6 de Abril vai fecharse o ciclo na Casa das Atochas cunha mesa redonda arredor da obra de Ousmane Sembène. Ese día tamén poderemos ver O carreteiro (Borom Sarret, Senegal, 1966, 20', VOSG) unha curtametraxe que é considerada en numerosas ocasións o primeiro filme rodado na África subsahariana por un realizador do continente. Baseado nun relato do propio realizador senegalés, o filme mostra como as supostas independencias políticas non deron solucionados os problemas de pobreza e colonización no interior da África.

A través de toda a súa filmografía, Sembène vai manter o seu compromiso, con temas recurrentes como a historia do colonialimo, os erros da relixión, a crítica á nova burguesía africana ou a forza das mulleres. Cunha estética funcional, inclúese na experimentación sociocultural e preocúpase tanto por mostrar as condicións de vida das clases explotadas como por permanecer accesíbel a estas. Para iso, o cinema de Sembène bebe da súa propia experiencia literaria, trasladando aos seus filmes boa parte das súas ferramentas como narrador. Nomeadamente, no seu cinema adquire unha gran importancia o visual e o performativo, moitas veces cargado dunha especial significación. Sembène morría en Xuño do 2007, deixándonos nove longametraxes e cinco curtametraxes, dos que poderemos ver neste ciclo seis títulos, ademais de numerosas novelas publicadas.

Os filmes van ser proxectados na súa versión orixinal, con subtítulos en galego. A entrada é de balde. Nas sesións do Cineclube, os socios e socias poderán dispor do fondo do Cineclube antes das proxeccións, os mércores de 21:00 a 21:30.


CICLO OUSMANE SEMBÈNE

Martes 9 de marzo, na Casa das Atochas ás 20:30
A negra de...

(La noire de..., Franza / Senegal, 1966, 65', VOSG)

Martes 16 de marzo, na Casa das Atochas ás 20:30
O mandato (O xiro postal)
(Mandabi, Franza / Senegal, 1968, 90', VOSG)

Mércores 17 de marzo, no Cineclube de Compostela ás 21:30
O mandato (O xiro postal)
(Mandabi, Franza / Senegal, 1968, 90', VOSG)

Mércores 24 de marzo, no Cineclube de Compostela ás 21:30
Xala

(Xala, Senegal, 1975, 123', VOSG)

Martes 30 de marzo, na Casa das Atochas ás 20:30
Moolaadé

(Moolaadé, Senegal / Franza / Burkina Faso / Camerún / Marrocos / Túnez, 2004, 124', VOSG)

Mércores 31 de marzo, no Cineclube de Compostela ás 21:30
Ceddo

(Ceddo, Senegal, 1977, 120', VOSG)

Martes 6 de abril, na Casa das Atochas ás 20:30
O carreteiro
(Borom Sarret, Senegal, 1966, 20', VOSG)
Mesa redonda arredor da figura de Ousmane Sembène.



--
Cineclube de Compostela
centro social O Pichel
rúa santa Clara, 21
Compostela
GALIZA
http://cineclubedecompostela.blogaliza.org
cineclubedecompostela@gmail.com
649734393 / 627003122

anegrade.jpg anegrade.jpg
50K   Visualizar Baixar
ceddo.jpg ceddo.jpg
25K   Visualizar Baixar
moolaade.jpg moolaade.jpg
49K   Visualizar Baixar
ocarreteiro.jpg ocarreteiro.jpg
63K   Visualizar Baixar
oxiropostal.jpg oxiropostal.jpg
77K   Visualizar Baixar
xala.jpg xala.jpg
69K   Visualizar Baixar
Responder
 
Encaminhar
       
Mail Delivery Subsystem
graciela.guntin@lycos.es [lycos.es (1): Immediate connection failure]
19:00 (18 horas atrás)  
Responder
|

Mail Delivery Subsystem

para mim

mostrar detalhes 19:53 (17 horas atrás)  
 
Delivery to the following recipient failed permanently:

info@itacafederacion.org

Technical details of permanent failure:
The recipient server did not accept our requests to connect. Learn more at http://mail.google.com/support/bin/answer.py?answer=7720

[itacafederacion.org (1): Connection refused]

----- Original message -----

MIME-Version: 1.0
Received: by 10.213.25.78 with SMTP id y14mr552239ebb.26.1267800304552; Fri,
05 Mar 2010 06:45:04 -0800 (PST)
Date: Fri, 5 Mar 2010 15:45:04 +0100
Message-ID: <7c354e7d1003050645t30cba41oce3af4cd81164858@mail.gmail.com>
Subject: =?ISO-8859-1?Q?Ciclo_de_Ousmane_Semb=E8ne=2C_do_9_de_Marzo_ao_6_de_Abr?=
=?ISO-8859-1?Q?il=2C_no_Cineclube_de_Compostela_e_na_Casa_das_Atochas?=
From: Cineclube de Compostela <cineclubedecompostela@gmail.com>
To: Cineclube <cineclubedecompostela@gmail.com>
Content-Type: multipart/mixed; boundary=00151744790eccaaf604810ec29e

- Mostrar texto das mensagens anteriores -
O *Cineclube de Compostela* e *A Casa das Atochas* programan un ciclo sobre
o director senegalés *Ousmane Sembène, *que se vai desenvolverse *entre o 9
de Marzo e o 6 de Abril* nas cidades de *Santiago e A Coruña. *Ao longo
desta retrospectiva poderá verse unha ampla parte da filmografía deste
realizador, cos filmes *A negra de...**, **O xiro postal**, **Xala**, **
Moolaadé**, **Ceddo** e **O carreteiro**. *As proxeccións *en
Compostela*serán os
* mércores 17, 24 e 31 ás 21:30 no Centro Social O Pichel* (Santa Clara, 21)
e *na Coruña* os filmes proxectaranse na *Casa das Atochas* (Rua Atocha
Alta, 14) *ás 20:30* os *martes 9, 16 e 30 de Marzo e 6 de Abril*. Esta
última sesión contará tamén cunha mesa redonda arredor do director.

Nacido en 1923, fillo dun pescador senegalés, Sembène acudiu ás escolas
coránica e francesa e xa con quince anos foi traballar a Dakar e con 23
emigrou a Marsella. Alí, coñece a varios escritores e afiliase ao Partido
Comunista e á CGT, tomando consciencia. Tras traballar de operario e mesmo
militar no exército francés, comeza unha carreira de escritor comprometido,
que loita contra a guerra de Indochina e pola independencia da Alxeria. En
1960, de volta en Senegal, comeza a pensar, coas primeiras independencias
africanas, nas posibilidades do cinema como arte de resistencia, o que o
levará a ser considerado o pai do cinema africano.

Tras varias curtas, Sembène realiza a súa primeira longametraxe en 1966 con
*A negra de...** *(*La noire de...*, Franza / Senegal, 1966*)*, que se vai
proxectar o *martes 9 de marzo, na Casa das Atochas*. Baseada nun dos seus
propios relatos, constrúe a través dos pensamentos de Diouana, unha rapaza
de Dakar que traballa para unha familia en Franza, unha historia de racismo
e dominación postcolonialista. O filme vai acadar o premio Jean Vigo, malia
a súa curta duración, e vai facer que o nacente cinema africano comece a
interesar en occidente, especialmente en Franza, até o punto que Jonathan

Responder
 
Encaminhar
 
Convidar Mail Delivery Subsystem para bater papo
   
         
  Entrada   X  
         

 

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Comentarios

Marzo 2010

PROGRAMACIÓN DE MARZO:

Mércores 3 de marzo ás 21:30

Cannibal Tours
(Cannibal Tours, Dennis O'Rourke, Australia, 1988, 70', VOSG)
Chanzos
(Steps, Zbigniew Rybczynski, EUA, 1987, 25', VOSG)

Mércores 10 de marzo ás 21:30
Pouco a pouco
(Petit à petit, Jean Rouch, Franza, 1971, 96', VOSE)

Segunda quincena de marzo
CICLO OUSMANE SEMBÈNE
No Cineclube de Compostela e na Casa das Atochas

(Podedes descargar o cartaz en pdf aquí)

PROGRAMACIÓN MARZO

Mércores 3 de marzo ás 21:30
Cannibal Tours
(Cannibal Tours, Dennis O'Rourke, Australia, 1988, 70', VOSG)
Chanzos
(Steps, Zbigniew Rybczynski, EUA, 1987, 25', VOSG)

Mércores 10 de marzo ás 21:30
Pouco a pouco
(Petit à petit, Jean Rouch, Franza, 1971, 96', VOSE)

Segunda quincena de marzo

CICLO OUSMANE SEMBÈNE

No Cineclube de Compostela e na Casa das Atochas

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Comentarios

Febreiro 2010

PROGRAMACIÓN DE FEBREIRO:

Mércores 3 de febreiro, ás 21.30 horas:
As portas do ceo
(Gates of Heaven, Errol Morris, EUA, 1978, 85', VOSG)
Werner Herzog come o zapato
(Werner Herzog Eats his Shoe, Les Blank, EUA, 1980, 20', VOSG)

Mércores 10 de febreiro, ás 21.30 horas:
Onde soñan as formigas verdes
(Wo die grünen Ameisen träumen, Werner Herzog, RFA / Australia, 1984, 100', VOSG)

Mércores 17 de febreiro, ás 21.30 horas:
La Soufrière. Á espera dunha catástrofe inevitábel
(La Soufrière. Warten auf eine unausweichliche Katastrophe, Werner Herzog, RFA, 1977, 30', VOSG)
Os médicos voadores de África Oriental
(Die fliegenden Ärzte von Ostafrika, Werner Herzog, RFA, 1969, 45', VOSG)

Mércores 24 de febreiro, ás 21.30 horas:
Agarrando pobo

(Agarrando pueblo, Luis Ospina / Carlos Mayolo, 1977, 28', Colombia, VO)
Non se pode facer en Europa
(Can't Do It in Europe, Charlotta Copcutt / Anna Weitz / Anna Klara Åhrén, 2005, 45', Bolivia, VOSG)

(Podedes descargar o cartaz premendo aquí)

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Comentarios

Novembro 2009

nov-09.indd

PROGRAMACIÓN DE NOVEMBRO

Mércores 4, ás 21.30 horas:
Iluminación íntima
(Intimní osvětlení, Ivan Passer, Checoslovaquia, 1965, 71', VOSE)

Mércores 11, ás 21.30 horas:
Pastoral
(პასტორალი [Past'orali], Otar Iosseliani, URSS, 1975, 95', VOSG)

Mércores 18, ás 21.30 horas:
Xullo
(Шілде [Shilde], Darezhan Omirbayev, URSS, 1988, 25', VOSG)
Kairat
(Қайрат [Kairat], Darezhan Omirbayev, Kazakstán, 1992, 72', VOSG)

Mércores 25, ás 21.30 horas:
Sayat Nova
(Սայաթ Նովա [Sayat Nova], Sergei Parajanov, URSS, 1968, 79', VOSG)
Sesión presentada por Xosé Antón Cascudo.

(Podedes descargar o cartaz en pdf aquí)

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Comentarios (2)

Unha vez máis o Kaurismäki

Cartaz de outubrp

"O problema é que eu vira todos os outros filmes. Eu vira todos os filmes serios que se fixeran, máis ou menos. Son tan bos... e eu son tan malo. Moi cedo niso que lle chaman carreira, souben que nunca faría unha obra mestra. Así que decidín facer moitos filmes decentes."

(Aki Kaurismäki)

(Podedes descargar o cartaz aquí)

Mércores 7 de Outubro, ás 21.30 horas:
Crime e castigo
(Rikos ja rangaistus, Aki Kaurismäki, Finlandia, 1983, VOSG, 89')

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Comentarios

Maio 2009

Cartaz Maio 2009

PROGRAMACIÓN MAIO

Mércores 6 de Maio ás 22:00:
Illa de lume
(Isole di fuoco, Vittorio de Seta, Italia, 1954, VO, 11’)
Surfarara

(Surfarara, Vittorio de Seta, Italia, 1955, VO, 9’)
Bandidos en Orgosolo
(Banditi a Orgosolo, Vittorio de Seta, Italia, 1960, VOSG, 98’)

Mércores 13 de Maio ás 22:00:
Os noivos
(I fidanzati, Ermanno Olmi, Italia, 1963, VOSG, 73’)

Mércores 20 de Maio ás 22:00:
Delitos flagrantes
(Délits flagrants, Raymond Depardon, Franza, 1994, VOSE, 108’)

Mércores 27 de Maio ás 22:00:
Parada do tren
(Polustanok, Sergei Loznitsa, Rusia, 2000, VO sen diálogos, 25’)
Retratos
(Portret, Sergei Loznitsa, Rusia, 2002, VO sen diálogos, 28’)

(podedes descargar o cartaz premendo aquí)

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Comentarios

Abril 2009

PROGRAMACIÓN ABRIL

Mércores 1 de Abril ás 22:00:
Un ano de GZVideos
(GZVideos, Galiza, 2009, VO)
A cultura preokupa
(Olholivre, Galiza, 2008, VO)
Coa presenza de membros de GZVideos e Olholivre

Mércores 15 de Abril ás 22:00:
Salesman
(Salesman, Albert Mayles / David Maysles / Charlotte Zwerin, EUA, 1968, 85’, VOSG)

Mércores 22 de Abril ás 22:00:
Crise
(Crisis, Robert Drew, EUA, 1963, 52’, VOSP)
Faces de novembro
(Faces of November, Robert Drew, EUA, 1963, 13’, VO sen diálogos)

Mércores 29 de Abril ás 22:00:
Pour la suite du monde
(Pour la suite du monde, Pierre Perrault / Michel Brault / Marcel Carrière, Quebec, 1963, 105’, VOSG)
Presentado por Margarita Ledo

(podedes descargar o cartaz premendo aquí)

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Comentarios

Marzo 2009

PROGRAMACIÓN DE MARZO

Mércores 4 de marzo ás 22:00:
Cando romperon os diques: Un réquiem en catro actos (I)
(When the Levees Broke: A Requiem in Four Acts, Spike Lee, EUA, 2006, VOSG)

Mércores 11 de marzo ás 22:00:
Cando romperon os diques: Un réquiem en catro actos (II)
(When the Levees Broke: A Requiem in Four Acts, Spike Lee, EUA, 2006, VOSG)

Mércores 18 de marzo ás 22:00:

París #1
(Óliver Laxe, Galiza, 2007, 35', VO).
Contará coa presenza no pase de Óliver Laxe

Mércores 25 de marzo:
O noso pan de cada día
(Unser täglich Brot, Nikolaus Geyrhalter, Alemaña/Austria, 2005, 92', VO sen diálogos)
En colaboración coa Asemblea da Educación Crítica

(podedes descargar o cartaz aquí)

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Comentarios

Chantal Akerman

Cartaz de Xaneiro 2009

PROGRAMACIÓN DE XANEIRO

Mércores 14 de Xaneiro ás 22:00:
Eu-ti-el-ela
(Je-tu-il-elle, Chantal Akerman, Franza/Bélxica, 1974, 86', VOSG)
Estoura a miña vila
(Saute ma ville, Chantal Akerman, Bélxica, 1968, 11')

Mércores 21 de Xaneiro ás 22:00:
Mañá mudámonos
(Demain on déménage, Chantal Akerman, Franza/Bélxica, 2004, 110', VOSP)

Mércores 28 de Xaneiro ás 22:00:
Novas da casa
(News from Home, Chantal Akerman, Franza/Bélxica/RFA, 1977, 85', VOSG)
Solpor en Shanghai
(Tombée de nuit sur Shanghai [*fragmento do filme colectivo O estado do mundo], Chantal Akerman, Portugal, 2007, VO sen diálogos)

Todas as sesións presentadas por Renata Otero

(podedes descargar o cartaz aquí)

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Comentarios

Novembro 2008

PROGRAMACIÓN DE NOVEMBRO

Mércores 5 de Novembro ás 22:00:
O carreteiro
(Borom Sarret, Ousmane Sembène, Senegal, 1966, VOSG, 18')
As estatuas tamén morren
(Les statues meurent aussi, Chris Marker, Alain Resnais, Franza, 1950, VOSP, 30')

Mércores 12 de Novembro ás 22:00:
Saúde aos cubanos
(Salut les cubains, Agnès Varda, Franza / Cuba, 1963, VOSG, 30')
O recordo dun porvir
(Le souvenir d'un avenir, Chris Marker / Yannick Bellon, Franza, 2001, VOSE, 42')

Mércores 19 de Novembro ás 22:00:
Contactos: Henri Cartier-Bresson
(Contacts: Henri Cartier-Bresson, Robert Delpire, Franza, 1994, VOSE, 12')
Reporteiros
(Reporters, Raymond Depardon, Franza, 1981, VOSE, 90')

Mércores 26 de Novembro ás 22:00:
Lucebert, tempo e adeus
(Lucebert,tijd en afscheid, Johan van der Keuken, Holanda, VOSE, 52')
Beppie
(Beppie, Johan van der Keuken, Holanda, 1965, VOSE, 37')

(podedes descargar o cartaz aquí)

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Comentarios

« entradas anteriores