Archive forAconsellamos...
maio 14, 2007 @ 12:06 pm
· Filed under Aconsellamos..., Amigos, Compartir non é delito, Propiedade intelectual

"Compañeir*s do Cineclube!
A Asemblea da Educación Crítica quérevos transmitir todo o noso apoio e solidariedade.
Dende a nosa proposta de loita por uns outros xeitos de facer educación, entendemos que esta debe construirse na interacción e a concientización como canle para chegares ao cambio social. É, sen dúbida, nesa construcción onde a libre circulación da cultura ocupa un lugar indispensabel.
Achegámovos as nosas voces para unirmos: Compartir non é delito!
Adiante compañeir*s!"
9 de maio de 2007
chúzame -
Ligazóns permanentes (permalinks)
maio 11, 2007 @ 2:06 pm
· Filed under Aconsellamos..., Amigos, Compartir non é delito, Novas, Propiedade intelectual

“Caras companheiras do Cineclube de Compostela:
Desde Estaleiro Editora queremos amosar-vos a nossa solidariedade e oferecer-vos o nosso apoio para o juízo do vindeiro 10 de maio.
Somos conscientes do que supom um acontecimento tal para todas as pessoas que trabalhamos nessa frágil margem na que o sistema capitalista nos deita quando nom estamos dispostas a passar polo aro de copyrights, dereitos de autor e demais obstáculos para a livre circulaçom das ideias.
Em Estaleiro Editora aplaudimos o jeito de trabalho impecável que tem levado até a data o Cineclube de Compostela e asumimos a sua política respeito das licenças como única possível para umha difusom saudável dos produtos culturais.
Fica expressado portanto o nosso apoio e desde logo a nossa disposiçom a contribuír com os meios que estejam nas nossas mans para a vossa luta, que é tamém a nossa.
Compartir nom é delito. Nom à SGAE.
Saúde e abordagem
Estaleiro Editora"
8 de maio de 2007
chúzame -
Ligazóns permanentes (permalinks)
maio 11, 2007 @ 11:56 am
· Filed under Aconsellamos..., Amigos, Compartir non é delito, Novas, Propiedade intelectual

"Desde galiza independente, agência gráfica, solidarizamo-nos com o cineclube Compostela, autêntico referente na socializaçao do conhecimento e na democratizaçao do accesso às artes e à cultura."
8 de maio de 2007
chúzame -
Ligazóns permanentes (permalinks)
maio 4, 2007 @ 1:33 pm
· Filed under Aconsellamos..., Programacion

"Trátase dun filme que a pesar de non ter sido concluido polo seu director, pon en escena a brutalidade dos campos de concentración nazi sen retoricismo algún. A pasaxeira deixa atrás ese discurso sospeitosamente cómodo do inimaxinábel e irrepresentábel da barbarie dos campos para filmar a morte -a pesar de tratarse dunha fición!- cunha frialdade obxectiva brutal. Un achegamento 'documental', por dicilo dalgún xeito, que pon na face do espectador o horror dunha acción tan cruel e á vez simple na súa execución como era o lanzar o Zinclon B dentro da cámara de gas " (Enrique Aguilar)
Os anacos de película póstumos foron montados por Witold Lesiewicz. O filme rematouse en 1963 e proxectarase na súa versión orixinal con subtítulos ao galego.
Mércores 9 de maio ás 22:00
A pasaxeira
(Pasażerka, Andrzej Munk,
Polonia, 1963, VOSG)
chúzame -
Ligazóns permanentes (permalinks)
abril 27, 2007 @ 11:02 am
· Filed under Aconsellamos..., Novas

O Alberte Pagán gañou onte o premio Roman Gubern de ensaio cinematográfico co seu filme Bs. As., que se puido ver no Cineclube aí atrás. Dende acó o nosos parabéns.
chúzame -
Ligazóns permanentes (permalinks)
abril 17, 2007 @ 11:07 am
· Filed under Aconsellamos..., Programacion

1964. Cassius Clay proclámase campión mundial dos pesos pesados. No día seguinte declárase membro dos Black Muslims e muda o seu nome polo de Mohamed Alí.
1967. Rexeita acudir á guerra no Vietnam. Os EUA retíranlle o título e a licenza de boxeador.
1974. Recupera o seu título fronte a Georges Foreman no primeiro campionato organizado na África negra, no Zaire.
chúzame -
Ligazóns permanentes (permalinks)
abril 12, 2007 @ 11:34 am
· Filed under Aconsellamos..., Programacion

Muhammad Alí con Sam Cooke...
(grazas a if charlie parker was a gunslinger,
there'd be a whole lot of dead copycats)
Mércores, 18 de abril ás 22:00
Muhammad Alí, "o máis grande"
(Muhammad Ali, the Greatest; William Klein, EUA, 1964-74, 120', VOSG)
chúzame -
Ligazóns permanentes (permalinks)
febreiro 15, 2007 @ 1:17 pm
· Filed under Aconsellamos..., Varia

Maurice Pialat recolle a Palma de Ouro que o xurado, presidido por Yves Montand, lle concedeu en Cannes 1987 por So o sol de satán e fálalle ao auditorio:
"Non vou traizoar a miña sona... Esta tarde énchenme de ledicia, máis ca outra cousa, os berros e as pitadas que me estivestes a botar. Se vós non me queredes, pódovos dicir que tampouco eu vos quero a vós."
Podedes ver o vídeo acó (e un bocado máis longo, nestoutra ligazón)
chúzame -
Ligazóns permanentes (permalinks)
Next entries »