Rocío

Marzo 15th, 2018 | by cineclubedecompostela |

“A visión histórica e antropolóxica da famosa romería andaluza do Rocío, plasmada nun magnífico documental de 80 minutos, foi obxeto dunha gran polémica nos anos da Transición. Basta nomear a estreita relación da Igrexa e da irmandade rociera cos tráxicos sucesos acaídos a partir do 18 de xullo e poñerlle o nome e rostro a algunhas das vítimas e victimarios locais da represión, para que se activaran os mecanismos de persecución de certos sectores reaccionarios da sociedade andaluza e do poder xudicial. A crónica resumida do proceso ao que se viu sometida a película Rocío pon de manifesto as carencias democráticas da Transición, que impediu a través da censura a posibilidade de que xurdiran libremente os recordos dos vencidos e que poideran introducirse nunha sociedade solidificada na memoria oficial franquista.

Rocío é un documental rodado en 1977, dirixido por Fernando Ruiz Vergara, con guión de Ana Vila e interpretada, como dicía o cartel, “por homes, mulleres e nenos do Pobo Andaluz”. O filme estreouse en xullo de 1980 no cine Bellas Artes de San Sebastián, aínda que para a estrea con carácter de ‘premier figure’ foi a significativa data do 18 de xullo no cine Astoria de Alicante. A publicidade sobre a película insertada nos medios dicía cousas coma esta: “non se equivoque, Rocío non é pandeireta, Rocío non é a españolada, Rocío non son as folklóricas, Rocío é unha aspiración de verdade, que vostede comparte. Rocío é o sentir dun pobo no seu berro de libertade. Rocío é a España que algúns quixeran ignorar”. E tamén: “Rocío é mito, esperanza, multitude. Rocío, un verdadeiro ritual de rebelión. Rocío é a primeira película universal autenticamente andalucista”. A película foi seleccionada ese ano polo Ministerio de Cultura para participar no Festival de Venecia xunto coa Ópera Prima de Fernando Trueba. Sen embargo, contra os desexos do director, que denunciou aos medios a negativa dos exhibidores a proxectar o filme, non logrou estrearse en Andalucía ata un tempo despois. O 22 de outubro de 1980 presentouse no marco do I Festival Internacional de Cine de Sevilla, onde gañou o Certame de Cine Andaluz”.

[Tirado de “Rocío y Fernando Ruiz Vergar: Fascismo y Transición” por Francisco Espinosa Maestre e Ángel Río Sánchez en Cuadernos para el diálogo, 42 (xuño), 2009, páx. 20-29].

Mércores 21 de marzo ás 21:30 horas no Pichel
Rocío
(Rocío, Fernando Ruiz Vergara, Estado Español, 1980, 80′, VO)

Sorry, comments for this entry are closed at this time.