A bruxa diaño

Febreiro 13th, 2018 | by cineclubedecompostela |

A bruxa diaño é considerada un clásico do cinema xaponés dende hai ben tempo, particularmente ao falar de filmes de terror primeirizos. Coa súa crúa descrición da vida durante a guerra e a súa franca mirada sobre a sexualidade, é fácil ver por que conseguiu ficar nas mentes de tantas espectadoras e espectadores ao longo dos anos (…).

A bruxa diaño segue a unha muller e a súa nora mentres se esforzan por saír adiante no Xapón do século XIV, nun rural atravesado pola guerra. Mentres a muller maior espera a volta do seu fillo Kichi, ela e a muller de Kichi tentan chegar a fin de mes matando samurais e vendendo as súas armas. (…) A muller maior é a catalizadora principal da acción do filme; é claramente a líder no negocio das dúas mulleres. É bastante desapiadada e non amosa arrepentimento polos seus asasinatos, priorizando a súa supervivencia sobre todo o demais. Hai frecuentes espidos desta personaxe, e unha falta de vergoña con respecto ao seu corpo: está abertamente interesada no sexo (…). É interesante ver a acción sexual dunha muller descrita tan claramente, e os seus desexos satisfeitos. A personaxe toma parte activa na súa sexualidade, e deféndese de aqueles que a cuestionan.”

[Tirado de “Onibaba“, por Holly en The Bechdel Scream]

Mércores 14 de febreiro ás 21:30 no Pichel
A bruxa diaño
(鬼婆 [Onibaba], Kaneto Shindo, Xapón, 1964, 103′, VOSG)

Sorry, comments for this entry are closed at this time.