Tres tristes tigres

Xaneiro 30th, 2018 | by cineclubedecompostela |

– Como xorde Tres tristes tigres?
– A pulso. Fixera Tres tristes tigres, a obra de Sieveking, co grupo no que estaban Jaime Vadell, Luis Alarcón, Shenda Román, Delfina Guzmán. O personaxe que fai Nelson Villagra no filme facíao Luis Alarcón na obra de teatro, e coido que Villagra non estaba nesa obra. Todos eles quixeron unirse en cooperativa para facer o filme. […]

– Ao final o filme distanciouse bastante do que era a obra…
– Si, pero de acordo con Sieveking. Da obra hai literalmente un treito, que me prestaba moito, onde están as tres personaxes e se din de todo, hai uns tirapuxas, insultos mesturados con eloxios, non se sabe nada, é un galimatías. Collín ese fragmento e a partir del desenvolvín o filme para todos lados. Hai un fondo por tras de Tres tristes tigres como filme-manifesto, no sentido de que se trata de probar que se pode facer un filme sen argumento. Hai unha caste de historia que finalmente é a historia dunha chea dunha fin de semana en que todo se complica. Existe un trasfondo melodramático á mexicana que está por tras e no primeiro plano están os detalles da vida cotiá.

– E a idea de facer un filme que trate de nada?
– Non é que non trate de nada, trata da nada chilena.

[Extracto de “Raúl Ruiz sobre Tres tristes tigres”, por René Naranjo en Revista de cine Mabuse].

Mércores 31 de xaneiro ás 21:30 no Pichel
Tres tristes tigres
(Tres tristes tigres, Raúl Ruíz, Chile, 1967, 98′, VOSI)

Sorry, comments for this entry are closed at this time.