Barravento

Xaneiro 23rd, 2018 | by cineclubedecompostela |

“As declaracións de moitos críticos e a propia posición de Glauber Rocha na época da realización do filme suxírennos unha interpretación de Barravento que se aliña cos termos do texto inicial do filme. “En Barravento atopamos o inicio dun xénero, o ‘filme negro’: como Trigueirinho Netto, en Bahia de Todos os Santos, desexei un filme de ruptura formal como obxecto dun discurso crítico sobre a miseria dos pescadores negros e a súa pasividade mística”, dicía Glauber en 1963, na Revisão Crítica do Cinema Brasileiro. Luiz Carlos Maciel: “Barravento revela a preocupación fundamental de Glauber coa alienación relixiosa do pobo brasileiro. Nel, as crenzas relixiosas dos pescadores dunha praia de Bahia son o grande obstáculo para a loita de liberación do xugo económico ao que están sometidos. Son as crenzas as que impiden a rebelión. Son elas as que impiden a humanización”. Barthélémy Amengual: “Aínda en 1962, o cinema político ten ideas simples e claras: o ben é a razón, a solidariedade, a conciencia de clase; o mal é o irracional, a relixión, a tradición, a resignación. Barravento remata coa imaxe dun faro erguido como símbolo político: luz, poder e xustiza prometidos aos traballadores se eles toman conciencia da súa forza e da súa unidade”.

[…] Ao analizar con máis coidado o filme Barravento, percibín ata que punto a lectura marcada polo contido “crítica á alienación relixiosa” era selectiva, podendo dar conta apenas de certos aspectos do argumento e dunha parte dos diálogos, minimizando os problemas colocados pola composición da imaxe. Ficou clara a presenza dun estilo de montaxe que, asociado a un uso particular da cámara e a un movemento coreográfico das figuras humanas, establece relacións de tal natureza que esta interpretación é posta en xaque. Ela non da conta da complexidade de recursos do filme e deixa de lado elementos cuxa presencia, máis que episódica, é recorrente ao longo do filme.”

[Tirado de “Barravento: Glauber Rocha, 1962, alienación versus identidade”, de Ismail Xavier, dispoñible en http://www.revistas.usp.br/discurso/article/view/37890]

Mércores 24 de xaneiro ás 21:30 no Pichel
Maioría absoluta
(Maioría absoluta, León Hirzsman, Brasil, 1964, 19′, VOSG)
Barravento
(Barravento, Glauber Rocha, Brasil, 1962, 77′, VOSG)

Sorry, comments for this entry are closed at this time.