Sesión Eliseo Subiela e Jorge Cedrón

Xaneiro 16th, 2018 | by cineclubedecompostela |

O outro oficio (Arxentina, 1967) permitiulle a Cedrón superar as dificultades formais d’A beirarrúa de en fronte e renovar o seu compromiso ético coa realidade. Mentres os proletarios que se vían no cinema arxentino eran sempre nobres, bos e traballadores, o protagonista d’O outro oficio traizoa aos seus compañeiros e ofrécese por menos diñeiro do convido para obter un posto de traballo. No canto de limitarse a condenar esa conduta tan pouco solidaria, Cedrón indaga co seu filme nas presións ás que se ve sometido o protagonista, ségueo no seu percorrido polos lugares onde se ofrecen empregos e obriga ao espectador a intimar con el, comprometéndoo a través da súa ollada en significativos primeiros planos. Ademais, encárgase de sinalar que a súa claudicación non é excepcional senón desafortunadamente cotiá. A través deste caso particular, e sen pontificar, Cedrón sinala como o sistema enfronta pobres contra pobres, deixando unha marxe moi estreita para as propostas conxuntas. Noutro contexto social, ese era tamén o tema da posterior Tute Cabrero (Jusid, 1968), que Cedrón eloxiou en diversas ocasións.

Á inversa do que ocorre n’A beirarrúa…, esta curtametraxe é moi estilizada e por momentos case expresionista. Inusitados ángulos de cámara altérnanse cun libre manexo dos tempos do relato e o uso expresivo da voz en off. Reaparece ademais o rexistro de determinadas zonas da realidade que ninguén observara aínda, como as colas de aspirantes a un posto laboral ou o necesario punto de encontro que supón, por desesperada lóxica, a imprenta do diario apenas sae de madrugada: alí accédese aos anuncios clasificados antes que os demais competidores”.

[Tirado de “O cine queima: Jorge Cedrón” por Fernando Martín Peña en El cine quema: Jorge Cedrón. Ciudad Autónoma de Buenos Aires, Instituto Nacional de Cine y Artes Visuales-INCAA, 2013].

Mércores 17 de xaneiro ás 21:30 no Pichel
Un longo silencio
(Un largo silencio, Eliseo Subiela, Arxentina, 1965, 17′, VO)
A beirarrúa de en fronte
(La vereda de enfrente, Jorge Cedrón, Arxentina, 1967, 17′, VO)
Sobre todas esas estrelas
(Sobre todas esas estrellas, Eliseo Subiela, Arxentina, 1965, 19′, VO)
O outro oficio
(El otro oficio, Jorge Cedrón, Arxentina, 1967, 28′, VO)

Sorry, comments for this entry are closed at this time.