As doce cadeiras

Xaneiro 7th, 2018 | by cineclubedecompostela |

“O recurso do xénero da comedia nas películas de Alea pon de manifesto a principal inquietude expresada polo mesmo: lograr que un cinema revolucionario chegue e sexa entendido por un público masivo. As doce cadeiras (1962) é unha comedia áxil, onde un antigo burgués adiñeirado desvalixado pola revolución, un cura de aldea e un antigo criado, competirán por atopar doce cadeiras, xa que nunha delas a anciá sogra do protagonista escondera unha fortuna en xoias. Na relación que se manifesta entre os protagonistas, particularmente entre ex-empregador e criado, ponse en evidencia a nova realidade baixo os principios de “o que non traballa non come”.

[Tirado de “Revolución e cultura: Tomás Gutiérrez Alea, “A dialéctica do espectador” e o papel do intelectual crítico nun proceso revolucionario” por Matías Ezequiel Cartochio. Ler aquí].

Mércores 10 de xaneiro ás 21:30 no Pichel
As doce cadeiras
(Las doce sillas, Tomás Gutiérrez Alea, Cuba, 1962, 94′, VO)

Sorry, comments for this entry are closed at this time.