Sesión con Alejandra Pombo

Decembro 19th, 2017 | by cineclubedecompostela |

MM/ Cal é o teu nivel de implicación no proceso audiovisual?

AP/ A miña implicación é absoluta porque facer fágoo todo (performar, montaxe, son, imaxe), situándome tanto detrás como diante da cámara. É así que me considero unha «facedora», xa que no facer é onde atopo o que me interesa. Trátase de achados que non son accidentes, senón sucesos que só poden xurdir do mesmo proceso de estar a se facer, é dicir, asumindo o compromiso de «facer suceder». Cada obra é unha experiencia vital coa que convivo e desenvólvese dunha forma orgánica. Xorden do coexistir nun espazo, un lugar e de todo o que me vai rodeando día a día.

(…)

MM/ Como comezas a usar o medio analóxico?

AP/ O uso do Super 8 é bastante recente, pero teño que dicir que entrou na miña vida e xa non o vou a abandonar. Foi un amigo que é un auténtico freaky do cinema analóxico o que me impulsou a usar unha cámara Super 8. Nun principio non me interesaba, porque eu gravo e monto ao mesmo tempo e é aí, nesa relación, onde se vai conformando a película. Por iso pensaba que o formato dixital era o ideal e necesario para o meu proceso de traballo. O Super 8 hai que envialo a revelar, hai que dixitalizalo, é un proceso de catro ou cinco meses. O caso é que el me prestou a súa cámara e probei a rodar dous ou tres películas mentres estaba no proceso de finalizar It’s Called Listen. Que te chegue o material cando xa nin te lembras do que filmaches é un agasallo, unha sorpresa. Agora vou coas dúas cámaras e teño moi claro cando teño que utilizar unha ou outra. Cada unha ten as súas particularidades.

[Entrevista con Alejandra Pombo, por Mónica Maneiro en Miradas IV, 2017, pp. 90-113].

Mércores 20 de decembro ás 21:30 no Pichel
Adelante la selva
Sesión de pezas audiovisuais de Alejandra Pombo
It’s Called Listen
(2013-2016, dixital super8, 17’ 42’’)
Tiguer Oracle
(2017, dixital super8, 2’ 20’’)
Wild Palms
(2015-2017, dixital super8, 9’ 20’’)
Coa presenza da artista

Sorry, comments for this entry are closed at this time.