Diñeiro caído do ceo

Decembro 8th, 2017 | by cineclubedecompostela |

“Os musicais incriblemente cínicos son para min unha debilidade; filmes que desconstruen o propio idealismo que o xénero pretende vender. Dende un profundo aprecio a Bailarina na escuridade de Lars von Trier, a un amor eterno por Cabaret de Bob Fosse, a incluso tolerancia por Moulin Rouge! de Baz Luhrmann – esa desilusión dáme unha estraña sensación de pracer. Quizais é porque son algo (ha) cínico eu mesmo, pero ten que haber certa ambición para utilizar un xénero que é habitualmente asociado co gozo cego e subverter esas mesmas nocións. Iso non quere dicir que non poida adorar un musical feliz (Cantando baixo a choiva é alegría feita celuloide), só que é máis interesante cando un filme de xénero é inusualmente (e desagradecidamente) honesto sobre o tema que trata.

É o caso de Diñeiro caído do ceo, de Herbert Ross (1981), un filme que ten ao mesmo tempo fastío e unha incrible franqueza sobre as súas emocións, converténdose esencialmente nun comentario sobre o escapismo e o doloroso equilibrio entre realidade e fantasía”.

[Tirado de “Espléndido cinismo: Diñeiro caído do ceo” por Kyle Turner en The Retro Set]

Mércores 13 de decembro ás 21:30 no Pichel
Diñeiro caído do ceo
(Pennies from Heaven, Herbert Ross, EUA, 1981, 108′, VOSG)

Sorry, comments for this entry are closed at this time.