Praza Euner

Novembro 29th, 2017 | by cineclubedecompostela |

*Cinema cativo, pobre;  en proceso, sen proxecto a priori máis que a urxencia dos días. Situado baixo a irmandade das imaxes, baixo o común por facerse alén da usura. De vez: interesado por trazar o conflito do real, por pensar na imaxe  de onde ela vén: o complot do territorio, as resultas sociais e políticas que fan da imaxe unha forza. Logo así esa outra volta que resta por dar en capas de pensamento

Mércores 29 de novembro ás 21:30 no Pichel
Praza Euner
(As Utópicas, Virxinia Polke e David Castro, 2017)
Coa presenza das directoras

Sorry, comments for this entry are closed at this time.