Os nenos lobo Ame e Yuki

Novembro 6th, 2017 | by cineclubedecompostela |

“Un pouco de contexto: en Xapón non hai lobos. A última raza foi o ōkami, a variedade máis pequena. E conta cun gran valor dentro do folklore do país: antes da Era Meiji, creese que os lobos protexerían aos pobos, de aquí que moitos santuarios sintoístas os teñan como deidades. Os lobos non mutan -non cambian de identidade-, senon que sobreviven e se adaptan. Os ōkami vincúlanse cos kamis, mensaxeiros que esperar na montaña para recoller os recados de deus.

Todas as cintas de Hosoda posúen un forte compoñente mitolóxico, pero esta é quizais a que o representa de forma máis explícita. O director entregou as súas emocións máis íntimas: a familia, a vida no rural, as ausencias que sempre están e que, a través do oco que deixan, constrúen o escenario, o paso da infancia a idade adulta, de cachorro a lobo, do salvaxe ao civilizado. En Os nenos lobo Ame e Yuki deixase a un lado o realismo máxico para captar as situacións máis rutinarias da vida diaria. Úsase a fantasía do relato clásico como catalizador, cando en realidade, tras os pequenos lobos podemos ver a dous nenos vivindo problemas e situacións normais.

Os nenos lobo Ame e Yuki foi a única película de animación con guión orixinal publicada en 2012. Resultou ser un tremendo éxito, tanto en taquilla, quinta película máis taquilleira de Xapón naquel ano, como para a crítica, arrasando nos Oslo Films from the South, ou no Festival de Sitges, como mellor filme de animación”.

[Tirado de “Mamoru Hosoda no es el nuevo Miyazaki, es su evolución natural y todo un baluarte de la animación oriental” por Israel Fernández en Xataka (marzo, 2017)].

Mércores 8 de novembro ás 21:30 no Pichel
Os nenos lobo Ame e Yuki
(おおかみこどもの雨と雪 [Ōkami Kodomo no Ame to Yuki], Mamoru Hosoda, Xapón, 2012, 117′, VOSG)

Sorry, comments for this entry are closed at this time.