A cura

Outubro 30th, 2017 | by cineclubedecompostela |

“A reputación de Kiyoshi Kurosawa como director de cinema de terror débese principalmente ao filme A cura (Kyūa, 1997). Este filme axudou a establecer o seu nome a nivel internacional, ao tomar parte en numerosos festivais en todo o mundo e consolidar a percepción que se ten de Kurosawa como un cineasta interesado na alegoría como modo narrativo e temáticas como a descomposición social e os límites do ego individual como construción coherente (…).

A cura destaca desde este punto de vista pola visión que nos ofrece dun pobo en estado de extrema fraxilidade. (…) N’ A cura -título que resulta ambiguo, opaco- a identidade persoal non é nunca un concepto estable ou unitario; é un concepto amorfo, esquivo e efémero, con homes e mulleres normais que se comportan ao longo do filme de maneiras que parecen totalmente alleas a como parecen ser. Mais iso é así? Un psicanalista que axuda o protagonista di nun momento do filme que a través da hipnose un non pode inducir a outra persoa a actuar contra as súas crenzas ou valores morais, que non poder ser persuadidos de cometer un crime se iso non estaba orixinalmente na súa natureza. O que fai xurdir a cuestión de ata que punto son as vítimas os verdadeiros perpetradores deses crimes horrendos. Ata que punto é unha persoa calquera capaz de cometer asasinato ou doutros actos que van contra a moralidade “normal” e a lei e a orde?”.

[Tirado de “A cura e o cinema de terror xaponés” por Adam Bingham en Contemporary Japanese Cinema since Hana-bi. Edinburgh University Press, 2015, pp. 91-94].

Mércores 1 de novembro ás 21:30 no Pichel
A cura
(キュア [Kyua], Kiyoshi Kurosawa, Xapón, 1997, 111′, VOSG)

Sorry, comments for this entry are closed at this time.