Bambule

Outubro 21st, 2017 | by cineclubedecompostela |

“Foron uns anos decisivos nos que as outras mozas deixaron a casa dos pais, coñeceron outra xente efixeron contactos noutras partes, mentres elas estaban no correccional, onde é imposible que amizades que duren nin cos educadores nin coas colegas. Un correccional quere dicir cambiar de fogar, separarse dos amigos de sempre, coñecer outros novos dos que logo tamén te separas. Amigos-separación, separación-amigos. Os psicólogos din que esa inseguridade e falta de fogar incapacitan ao individuo para as relacións cos demais. O correccional é a imposibilidade total de chegar a uns lazos sólidos e que duren. As mozas do correccional non receben instrución algunha. Traballan na lavandaría, pasan o ferro, na cociña, xardín e cosendo por vinte céntimos de marco por hora.

(…) A violencia crea contraviolencia e unha presión vén logo doutra presión de signo contrario. Os actos de rebeldía dentro dos correccionais desenvólvense sempre dunha maneira espontánea e sen organización, sen planificación; así van ao chou a rebelión, oposición, o motín ou a Bambule. A historia de Irene é unha historia de nenos, unha argallada que acaba coa intervención da policía e co “furado”. Todo o que é visto como un abuso no correccional, reflicte xustamente os principios que o rexen e a súa posta en práctica. A adaptación e a disciplina son uns obxectivos primordiais e coa porta pechada todo está permitido”.

[Estractos da introdución ao guión de Bambule escritos por Ulrike Meinhof para a edición alemana de Klaus Wagenbach (Wagenbach, 1970)].

Mércores 25 de outubro ás 21:30 no Pichel
Bambule
(Bambule, Eberhard Itzenplitz, RFA, 1970, 90’, VOSG)

Sorry, comments for this entry are closed at this time.