Carta de Siberia

Outubro 17th, 2017 | by cineclubedecompostela |

carta de siberia chris marker

Como presentar Lettre de Sibérie?

En primeiro lugar como o que non é, constatando que non se asemella en absoluto a ningún filme de tipo (de “tema”) documental dos que ata o momento temos visto. Pero agora hai que intentar dicir o que si é. Simple e obxectivamente este filme é a reportaxe cinematográfica dun francés que ten o privilexio de visitar Siberia con total liberdade, seguindo un itinerario de varios miles de quilómetros. A pesar de que xa se viron, desde hai tres anos, algunhas reportaxes filmadas por viaxeiros franceses en Rusia, Lettre de Sibérie tampouco se asemella a ningunha delas. Para intentar captar de forma máis precisa a súa natureza, proporei esta definición aproximada: Lettre de Sibérie é un ensaio en forma de reportaxe cinematográfica sobre a realidade siberiana do pasado e do presente. Ou mellor aínda, adaptando a fórmula que Vigo aplicaba a À propos de Nice (A propósito de Niza, 1930), “un punto de vista documentado”, direi que é un ensaio documentado polo filme. A palabra que importa aquí é “ensaio”, entendida no mesmo sentido que na literatura: un ensaio á vez histórico e político, mais escrito por un poeta.

[Texto tirado de Lettre de Sibérie André Bazin / Chris Marker por André Bazin tirado de France-Observateur, 30 de outubro de 1958].

Mércores 18 de outubro ás 21:30 no Pichel
25 de outubro, o primeiro día
(25е- первый день [25e- pervyy den], Yuriy Norshteyn / Arkadiy Tyurin, URSS, 1968, 8′, VOSG)
Carta de Siberia
(Lettre de Sibérie, Chris Marker, Francia, 1958, 57′, VOSG)

Sorry, comments for this entry are closed at this time.