Arrabaldes

Outubro 3rd, 2017 | by cineclubedecompostela |

arrabaldes boris barnet Okraina

“Situada nunha aldea rusa durante a I Guerra Mundial, Arrabaldes é o primeiro filme sonoro de Barnet, e como noutros talkies primitivos –Ivan (Ивaн, 1932) de Alexander Dovzhenko, O Desertor (Дезертир, 1933) de Vsevolod Pudvkin, Entusiasmo (Энтузиазм, 1930) de Dziga Vertov- a estilizada banda de son é moi creativa e orixinal. Dentro dos primeiros minutos os hurras aparecen sincronizados cos estoupidos de vapor dunha locomotora, o son dunha habitación chea de zapateiros machacando nas caixas rexistradoras como se fose música electrónica, e mesmo hai un cabalo que fala brevemente, un tropo que é facilmente asociable cos filmes silentes de Dovzhenko.

O son en Arrabaldes ten o efecto curioso, primario, de redefinir o silencio, como se nunca o tivésemos experimentado antes, unha virtude que é especialmente rechamante en relación cos filmes actuais, nos cales calquera tipo de silencio é unha rareza. Puntuando os longos tramos de silencio con chíos e pitidos, e máis adiante sons de explosións, Barnet conciencia os nosos oídos ao tempo que os nosos nervios, e raramente permite que sexa o diálogo o que conduza a historia. Non hai nada intelectual ou prominentemente formal na súa decisión de outorgarlle ao son e a imaxe a mesma importancia. Este é un filme volátil cheo de emocións crúas, e tal e como o formulou unha vez o historiador do cinema Soviético Jay Leyda: “non podes estar seguro de se a seguinte escena será divertida ou patética, amable ou violenta”.

[Tirado de “Destellos dunha estraña ave (sobre Boris Barnet)”, por Jonathan Rosebaum publicado o 6 de febreiro de 2004 en Chicago Reader].

Mércores 4 de outubro ás 21:30 no Pichel
Arrabaldes
(Окраина [Okraina], Boris Barnet, URSS, 1933, 98′, VOSG)

Sorry, comments for this entry are closed at this time.