Arde París

Setembro 26th, 2017 | by cineclubedecompostela |

“Gustaríame considerar o filme Paris is burning e o que esta película suxire sobre a a produción e xulgamento simultáneos dos suxeitos nunha cultura que parece amañarse sempre e de todos os xeitos para aniquilar o “anómalo”, o “anticonvencional” (queer) pero que con todo produce espazos ocasionais nos que poden parodiarse, reelaborarse e resignificarse esas normas aniquiladoras, eses ideais mortíferos de xénero e raza. Nese filme hai desafío e afirmación, afinidade e gloria, mais tamén unha especie de reiteración de normas que non se poden chamar subversivas, que conducen á morte de Venus Xtravaganza, transexual non operada, travesti, prostituta e membro da “House of Xtravanganza”; A que chamadas interpelantes responde Venus?, e como interpretarmos a reiteración da lei no seu xeito de responder? Venus, e Paris is Burning de forma máis xeral, chama atención sobre se parodiar as normas dominantes é abondo para desprazalas; realmente, pon sobre a mesa se a desnaturalización do xénero non é vehículo mesmo para re-consolidar as normas hexemónicas”.

[Tirado de “Gender is burning. Questions of appropriation and subversion” por Judith Butler en Bodies that matter. On the discoursive limits of “sex”. London, New York; Routledge, p. 124-133, 1993].

Mércores 27 de setembro ás 21:30 no Pichel
Arde París
(Paris Is Burning, Jennie Livingston, EUA, 1990, 87′, VOSG)
En colaboración co Colectivo Agrocuir da Ulloa

Sorry, comments for this entry are closed at this time.