Curso no CGAC: OS CORPOS DO CINEMA

Setembro 13th, 2017 | by cineclubedecompostela |

curso cgac corpos do cinema

Este ano volvemos colaborar coas actividades do Centro Galego de Arte Contemporánea. Neste caso é no curso “Os corpos do cinema” que impartirá o crítico e docente José Manuel López, no que abordará a relación entre as figuras e os espazos no medio audiovisual. A programación analiza como o corpo transita en diferentes contextos cinematográficos, dende unha perspectiva de xénero (comedia, musical, western), pasando por cineastas (Jacques Tati, Michelangelo Antonioni, Béla Tarr, Leos Carax) ou ben dende narrativas e outros espazos (personaxes errantes, a cidade, a estrada, a adolescencia, lugares distópicos).

▮▮▮▮▮▮▮▮▮▮▮▮▮▮▮▮▮▮▮▮▮▮▮▮▮▮▮▮▮▮▮▮▮▮▮▮▮▮▮▮▮▮▮▮

O prazo para as inscripcións está aberto dende o 6 de setembro ata o día 17 de outubro. As persoas interesadas en matricularse poden enviar un correo electrónico a cgac.educacion@xunta.gal indicando o seu nome completo, DNI, estudos, área de traballo ou interese, un enderezo de correo electrónico e un teléfono de contacto. Cando a solicitude sexa aceptada ás persoas inscritas recibirán a información precisa para realizar o pago.

A matrícula ordinaria é de 80€. O prezo para socias e socios do Cineclube de Compostela é de 65€.

▮▮▮▮▮▮▮▮▮▮▮▮▮▮▮▮▮▮▮▮▮▮▮▮▮▮▮▮▮▮▮▮▮▮▮▮▮▮▮▮▮▮▮▮

Sorry, comments for this entry are closed at this time.