Colaboración con Jane’s Walk Santiago de Compostela

Setembro 5th, 2017 | by cineclubedecompostela |

“Baixo a aparente desorde da vella cidade, alí onde a vella cidade está funcionando con éxito, hai unha orde marabillosa para manter a seguridade das rúas e a liberdade da cidade. É unha orde complexa. A súa esencia é o intricado do uso da beirarrúa, levando con el unha sucesión constante de ollos. Esta orde está composta totalmente de movemento e cambio, e aínda que é vida e non arte, poderíamos caprichosamente chamalo a forma artística da cidade e ligala ao baile – non a unha simple danza de precisión con todo o mundo erguendo a perna a un tempo, xirando en unísono e facendo unha reverencia en masa, senón a un intricado ballet no que as bailarinas e bailaríns individuais e os conxuntos teñen partes distintivas que milagrosamente se reforzan mutuamente e compoñen un todo ordenado. O ballet da beirarrúa dunha boa cidade nunca se repite dun lugar a outro, e en calquera sitio está repleto de improvisacións”.

[Tirado de O ballet da beirarrúa por Jane Jacobs na web de Jane’s Walk]

Mércores 6 de setembro ás 21:30 no Pichel
A voda do meu irmán
(My Brother’s Wedding, Charles Burnett, EUA, 1983, 77′, VOSG)
En colaboración con Jane’s Walk Santiago de Compostela e A.VV. As Marias

Sorry, comments for this entry are closed at this time.