Cinema na 13ª Bienal de Lalín

Xullo 5th, 2017 | by cineclubedecompostela |

“Como nos afecta a tradición? Esta é a pregunta que artella a proposta do Cineclube de Compostela para a 13ª Bienal de Lalín. A selección dos filmes fíxose pensando na recomposición case cronolóxica dun pasado fílmico galego cheo de baleiros, tocado pola perda e a ausencia de material, que fai que en certas ocasións haxa que incorporar pezas realizadas por exiliados para completar o fío. No proceso de resposta á pregunta, certas temáticas atravesan as tres sesións nas que se divide o total da programación. Son aquelas singularidades do caso galego que, independentemente do tempo, volven unha e outra vez, e que en parte seguen axitando a produción de cine galego: o exilio político, a tradición oral, as relacións de poder, o traballo, a memoria, a emigración, o choque coas segundas xeracións que nacen logo do éxodo rural, etc. (…)”.

SECCIÓN CINEMA
COLABORA: CGAI, Fundación Eugenio Granell e as/os autoras/es.
DATAS: 7, 8 e 14 de xullo ás 19:00
LUGAR: Salón de Actos da Biblioteca Municipal de Lalín

SESIÓN 1 | VENRES 7 DE XULLO | 19:00

Galicia 1936-2011. Estudos sobre o filme de Carlos Velo
Ramiro Ledo, Pablo Cayuela e Margarita Ledo. 2011.

El Andamio
Rogelio Amigo. 1958.

Invierno (1960), Lluvia (1961), Dibujo (1961), Trompos (1961), Middlebury (1962) e Película hecha en casa con pelota y muñeca (1962)
Eugenio Granell. Filmes experimentais e surrealistas.

SESIÓN 2 | SÁBADO 8 DE XULLO | 19:00

Gitanos sin romancero
Llorenç Soler, 1976.

Conxo, una experiencia
A Carón, 1976.

31 de agosto de 1989. Peche na fábrica de Odosa
OTTS (Organización de Traballadoras e Traballadores do Salnés), 1989.

SESIÓN 3 | VENRES 14 DE XULLO | 19:00

O milagre da carne
Javier Codesal, 1994.

La memoria interior
María Ruido, 2002.

Como foi o conto?
Alberte Pagán, 2004.

París #1
Oliver Laxe, 2008.

Mougás
David Castro, 2009.

Sorry, comments for this entry are closed at this time.