Estación do Cairo

Xuño 20th, 2017 | by cineclubedecompostela |

“Bab al-Hadid non funcionou ben nin co público nin coa crítica cando se estreou en 1958. Os clientes que pagaron por vela non sabían que pensar do filme, que representou unha grande ruptura para un director mozo que xa retorcera as convencións xenéricas do melodrama en varios filmes anteriores, pero nunca ata tal punto. A súa “reacción violenta” – moitos marcharon das proxeccións – aparentemente “devastou” a Chahine e fíxoo dubidar do seu talento (Fawal 2001, p. 62). Ademais dun casting non tradicional e un guion que contén liñas argumentais que compiten entre si, o filme sentíase como demasiado atrevido e tocaba temas que eran “estraños para as mentes daqueles acostumados ás historias superficiais” (Al-Barudi 1984, p. 60). O final non aportaba a resolución cómoda á que os espectadores se acostumaran. Aqueles ultrasensibles á imaxes de Exipto no estranxeiro sentiron que o filme facía un fraco favor ao seu país. Os críticos foráneos que buscaban encaixar o filme nunha categoría clara – neorrealismo ou melodrama – atopárono difícil de clasificar. Os devotos do Terceiro Cinema que buscaban un contido político máis evidente ou conciencia de clase teñen xulgado a película como unha que queda curta (…)”

[Tirado de Broken Heart of the City: Youssef Chahine’s Bab al-Hadid (Cairo Station), de Joel Gordon].

Mércores 21 de xuño ás 21:30 no Pichel
Estación do Cairo
(باب الحديد [Bāb al-Ḥadīd], Youssef Chahine, Exipto, 1958, 77′, VOSG)

Sorry, comments for this entry are closed at this time.