Os mellores temas

Xuño 6th, 2017 | by cineclubedecompostela |

“Unha hipótese para todas as películas de Nicolás Pereda: a repetición é un principio poético. Non é calquera figura entre outras. A repetición como acto é unha proba para o creador. Os cineastas soubérono sempre: repetir unha toma implica calibrar o inesperado co ensaio ata conseguir un resultado que se busca ou se intúe. Repítese para diferenciar e achar o plano singular, curiosamente irrepetible grazas á repetición.

(…)

É por iso que habería que pensar Los mejores temas como unha película de deconstrución e clausura. Todas as obsesións están presentes: os lazos familiares imperfectos e desorganizados acentúanse coa chegada do pai ausente de Gabino. A desorde afectiva é palpable, pero a súa lectura e representación aluden a unha faciana inesperadamente cómica. É unha comicidade dolorosa, seca e incómoda, mais propia dunha idionsincracia onde nada parece arraigarse de todo no mundo; vivir é un gag, o que, loxicamente, repítese. Iso non implica que non existan preocupacións económicas e proxectos comerciais destinados a contrarrestar a carencia, mais vender produtos para o benestar corporal ou música gravada non resultan manobras destinadas ao enriquecemento. A precariedade afectiva ten sempre un correlato material, o despoxo económico, máis froito do capricho, a indolencia e a irresponsabilidade. O gag ten un custo”.

[Texto extraído de “Repeticións Virtuosas” por Roger Koza na web do Festival Play-Doc 2014]

Mércores 7 de xuño ás 21:30 no Pichel
Os mellores temas
(Los mejores temas, Nicolás Pereda, México/Canadá/Países Baixos, 2012, 103′, VO)

Sorry, comments for this entry are closed at this time.