Ás

Maio 30th, 2017 | by cineclubedecompostela |

“Escribo sobre a guerra…
Eu, a que nunca quixo ler libros sobre a guerras a pesar de que na miña infancia eran a lectura favorita. De tódolos coetáneos. Non é sorprendente: eramos fillos da Gran Vitoria. Os fillos dos vencedores. Que cal é o meu primeiro recordo de guerra? Á miña angustia infantil no medio das palabras incomprensibles e ameazantes. A guerra sempre estivo presente: na escola, na casa, nas vodas e nos bautizos, nas festas e nos funerais. Incluso nas conversas dos nenos.
Un día o meu veciño preguntoume: “Que fai a xente baixo a terra? Como viven alí?” Nós tamén queriamos descifrar o misterio da guerra.Entón por primeira vez pensei na morte… Xa nunca máis deixei de pensar nela, para min tornouse no maior misterio da vida.
Para nós, todo orixinábase naquel mundo terrible e enigmático. Na nosa familia, o avó de Ucraína, o pai da miña nai, morreu na fronte soterrado en solo húngaro; a avoa de Bielorrusia,a nai do meu pai, morreu de tifo nun destacamento de partisanos; dos seus fillos, dous marcharon co exército e desapareceron os primeiros meses de guerra, o terceiro foi o único que regresou á súa casa. Era o meu pai. Os alemáns queimaron vivos a once dos seus familiares xunto cos seus fillos: a uns na casa e a outros na igrexa da aldea. E así foi en cada familia. Sen excepcións”.

Texto extraído de “A persoa é máis que a guerra” (tradución da obra de La guerra no tiene rostro de mujer de Svetlana Alexiévich, Barcelona: Círculo de lectores, 2015, p. 11-22).

Mércores 31 de maio ás 21:30 no Pichel
Ás
(Крылья [Krylya], Larisa Shepitko, URSS, 1966, 85′, VOSG)

Sorry, comments for this entry are closed at this time.