A cadaquén o seu

Maio 24th, 2017 | by cineclubedecompostela |

“Mitchell Leisen. Non é celebridade ningunha. Pode que iso explique que o útil libro que lle escribiu David Chierichetti en 1973, Hollywood Director, estea descatalogado, mentres que moitos outros libros inútiles contaminan as estanterías e almacenes das grandes cadenas nacionais, cornucopias de lixo relucinte creadas polas mellores mentes da historia da industria editorial. O libro e o seu suxeito, entón, comparten o destiño similar de estar case esquecidos, sen ter levado unha malleira suficiente como para ser rescatados do que, aparentemente, é un esquecemento bastante prácido. Venr os filmes de Leisen, con todo, prende en nós a ansia de levantarnos en armas e alzar unha ou dúas pancartas na esperanza de asegurarlle ao director o seu xusto tempo de fama. Pasando a A Cadaquén o seu, o dramón por excelencia de Leisen, podería dicirse con crueldae que o filme é lixo relucinte creado polas mellores mentes da historia da industria cinematográfica, pero talvez esa sería unha definición demasiado perfecta como para deixala así”.

[Tirado de “Exacting standards: Director Mitchell Leisen’s film “To Each His Own” epitomizes the director’s work” por Jack Shadoian en Film Comment, 1 de setembro, 1998, no. 5, Vol. 34; Páxinas 40-44].

Mércores 24 de maio ás 21:30 no Pichel
A cadaquén o seu
(To Each His Own, Mitchell Leisen, EUA, 1946, 122′, VOSG)

Sorry, comments for this entry are closed at this time.