Carta de amor

Maio 17th, 2017 | by cineclubedecompostela |

“O 100 aniversario de Kinuyo Tanaka, a lendaria estrela xaponesa, convida á reconsideración dunha carreira cuxa importancia -non só cinematográfica mais tamén cultural- está pouco recoñecida no mundo occidental e talvez aínda debe ser plenamente explorada en Xapón. Fóra do seu país nativo, aínda é máis coñecida polas súas aparicións en tres filmes de Kenji Mizoguchi –A Vida de Oharu (1952), Contos da lúa pálida de agosto (1953), e o Intendente Sansho (1954)- que fan parte da primeira vaga do descubrimento occidental do cinema xaponés. Oharu, en particular, é a apoteose da imaxe de Tanaka: a muller xaponesa como señora nobre, amante, nai, geisha, muller de clase media, prostituta e peregrina, todo abarcado nun só filme por obra e graza dos varridos e xiros que fai a cámara de Mizoguchi. Mais Oharu non saíu de ningures, e a nosa comprensión do filme faise máis profunda polo coñecemento do que supuxo na vida de Tanaka: unha viaxe transcendental aos Estados Unidos dous anos antes e o seu éxito, o ano seguinte, ao embarcarse nunha nova carreira como directora”.

[Tirado de “Unha tarxeta de San Valentín centenaria á lenda da pantalla xaponesa Kinuyo Tanaka” por Chris Fujiwara].

Mércores 17 de maio ás 21:30 no Pichel
Carta de amor
(恋文 [Koibumi], Kinuyo Tanaka, Xapón, 1953, 98′, VOSG)

Sorry, comments for this entry are closed at this time.