Arrolo interrompido

Maio 2nd, 2017 | by cineclubedecompostela |

Arrolo interrompido encaixa ao carón dos seus outros relatos de estafadores que interpretan un papel ata que se volve real, pero aquí o conto é tráxico, e comunicado maioritariamente nun estilo declamatorio sen vernizar. É un experimento audaz de naturalismo cinemático aumentado, cuxo único contemporáneo en Hollywood son os filmes sonoros proto-neorrealistas de D.W. Griffith, como A loita [The Struggle], do ano anterior. Un estalido de montaxe dialéctico eisensteiniano alimenta o inicio do filme, pero en canto a localización cambia a Alemaña, o estilo cambia ás tomas longas e sen cortes. Lubitsch móvese dun cinema de velocidade e colisión a un harmonizado aos corpos e o xesto”.

[Tirado de “Arrolo interrompido” por R. Emmet Sweeney]

Mércores 3 de maio ás 21:30 no Pichel
Arrolo interrompido
(Broken Lullaby, Ernst Lubitsch, EUA, 1932, 76′, VOSG)

Sorry, comments for this entry are closed at this time.