Curtas, música e baile na 16ª Festa do Cineclube

Abril 20th, 2017 | by cineclubedecompostela |

Sábado 22 de abril a partir das 19:00h no Pichel 
Festa do 16º aniversario do Cineclube de Compostela

19.00 | Proxeccións
O señor Jazz mozo
(Young Mr. Jazz, Hal Roach, EUA, 1919, 10′, VOSG)

“De todos os cómicos do cinema silente americano, Harold Lloyd (cos seus ollos grandes rodeados das gafas de cuncha) é o que capta da maneira máis vívida a exhuberancia das capas das revistas de John Held Jr., aquelas que retrataban flappers e dandis e afeccionados ao charlestón. Cando non rubía polo bordo dun rañaceos ou loitaba coa maquinaria dun reloxo precariamente situado en Safety Last, a determinación de Lloyd para triunfar encarnaba o ímpeto e o pulo que asociamos coa era do jazz”.

[Texto tirado de “Silently, the screens sprang to life” Michael Phillips en Chicago Tribune]

Those were the Days
(Those were the Days, Aki Kaurismäki, Finlandia, 1992, 4′, VO)

“A interpretación dos Leningrad Cowboys de Those Were The Days non é unha versión ao uso do tema de Mary Hopkin, se non que inclúe dous extractos de Padam, Padam, tema clásico francés asociado á figura de Edith Piaf. A estilización do París que vemos na peza consegue evocar a cidade francesa a través dunhas poucas iconas recoñecibles […] e serve como marco á historia dun Leningrad Cowboy acompañado só por un burro ao que se lle denega a entrada no bar. […] O videoclip fala da figura do emigrante pobre, do ente desprazado da súa contorna, o que vén subliñado polo uso de dúas cancións de diferente idioma e procedencia.”

[Tirado de “Botas, tupés e rock’n’roll dos ‘koljós’: Kaurismäki e os Leningrad Cowboys” por Julio Vilariño en A Cuarta Parede]

Mentres teñamos a embriaguez
(Pourvu qu’on ait l’ivresse, Jean-Daniel Pollet, Francia, 1958, 20′, VO)

“Reportaxe sobre a soidade ao mesmo tempo que ensaio poético sobre os bailes dos arrabaldes, Mentres teñamos a embriaguez revelou un cineasta que sabía ter a mesma tenrura que Raymond Queneau ao respeito do seu amigo Pierrot, pero tamén a mesma ferocidade que Jean Vigo en A propósito de Niza. Cando Orson Welles rodou Cidadán Kane tiña 25 anos. Despois, todos os cineastas do mundo enteiro soñaron con facer o seu primeiro gran filme antes de pasar esa idade. Pollet será o primeiro en realizar ese soño”.

[Tirado de “La ligne de mire” por Jean-Luc Godard en Cahiers du Cinéma, marzo 1969]

21.00 | Concertos | Entrada para as bandas: de 5 euros a 8 euros
MOUNQUP
GUATEQUE ESCAMPE
LAMPREA EXPLOSIVA

00.30 | Picadiscos
Sesión DJ Chapaev

Sorry, comments for this entry are closed at this time.