Imperial Eyes

Abril 17th, 2017 | by cineclubedecompostela |

– Segundo testemuñas presenciais, cando Ulises regresa a Ítaca, Telémaco, o seu fillo, recíbeo con «alegría televisada». Os expertos falan de «xestión emocional en diferido».

– Víase vir.

– Como é iso?

– A Odisea comeza dun modo estraño. Durante os cinco primeiros cantos, Ulises, o heroe, permanece ausente. Ítaca é narrada en escenas nocturnas, un reino de sombras no que hai un estraño xogo de espellos. Come do relato o neno Telémaco, que se fai adulto. Creceu coa especulación como canción de berce: a facenda en perigo, os pretendentes da súa nai, que agardan a súa decisión unha vez acabe o sudario, dedícanse entre tanto a devorar o patrimonio e se comen as mellores cabezas de gando (o nome da súa nai, Penélope, significa «fío que conduce a trama» e ela desfai de noite o que tece de día: invención da economía narrativa, e posto que durme soa no cuarto onde tece, encima do tear, dise dela que «vive por encima das súas posibilidades»). Obsérvase no mozo unha crecente «compulsión especular». O fillo trata de emular ao pai ausente. Imítalle con afán enconado. Cando Ulises, aínda sen descubrir a súa identidade, pero xa desprovisto das esmoleiras vestiduras, preséntase ante Telémaco, este, admirando o seu corpo, «propio dun inmortal», bótalle flores. Ulises apresúrase entón a declarar que é o seu pai. Por un instante xérase unha incómoda confusión entre ambos, confusión que o tempo fará inevitable.

Texto tirado de Telémaco, aquel que loita a distancia?

Mércores 19 de abril ás 21:30 no Pichel
Imperial Eyes
(Imperial Eyes, Pablo Marte, País Vasco, 2015, 52′, VO)
Coa presenza do director

Sorry, comments for this entry are closed at this time.