Filme + Un home que dorme

Marzo 20th, 2017 | by cineclubedecompostela |

Mércores 22 de marzo ás 21:30 no Pichel
Filme
(Film, Alan Schneider, EUA, 1965, 22′, VO)
Un home que dorme
(Un homme qui dort, Bernard Queyssane, Francia, 1974, 77′, VOSG)

Segundo caso: a habitación, a percepción. É o segundo acto cinematográfico, o interior, o que acontece entre as paredes. Anteriormente, a personaxe non estaba considerada como percibinte; a cámara proporcionáballe unha percepción «cega», suficiente para a súa acción. Pero agora a cámara percibe a personaxe dentro da habitación, e a personaxe percibe a habitación: calquera percepción devén dobre. Anteriormente, terceiros humanos podían eventualmente percibir a personaxe, pero estaban neutralizados pola cámara. Agora, a personaxe percibe pola súa conta, as súas percepcións convértense en cousas que ao seu tempo percíbeno a el: non só animais, espellos, unha estampa do bo Deus, fotos, senón incluso utensilios (como dicía Eisenstein despois de Dickens: o cazo de fervela auga estame mirando…).

A este respecto as cousas son máis perigosas que os seres humanos: non as percibo sen que elas me perciban, calquera percepción como tal é percepción de percepción. A solución deste segundo caso consiste en expulsar os animais, tapar o espello, cubrir os mobles, arrincar a estampa, rachar as fotos: é a extinción da dobre percepción. Pola rúa, un cacho antes, a personaxe aínda dispoñía dun espazo–tempo, e incluso dos fragmentos dun pasado (as fotografías). Na habitación, dispoñía aínda de forzas suficientes para formar imaxes que lle devolvían a súa percepción. Pero agora xa só queda o presente, baixo a forma dunha habitación pechada hermeticamente na que desapareceron calquera idea de espazo e de tempo, calquera imaxe divina, animal ou de cousa. Só subsiste o Balancín no centro da habitación, porque, mellor que calquera cama, é o único moble de antes do home ou de despois do home, que nos coloca en suspenso en medio da nada (vaivén).”

[Texto tirado Crítica e clínica por Gilles Deleuze].

Sorry, comments for this entry are closed at this time.