A seguridade interior

Marzo 13th, 2017 | by cineclubedecompostela |

“Unha inclasificable combinación de romance adolescente, drama de paso á idade adulta, e thriller político paranoico, Seguridade interior é principalmente contada dende a perspectiva de Jeanne (Julia Hummer), unha rapaza de quince anos. Como moitas rapazas da súa idade, está comezando a indignarse polas normas dos seus pais: quen debe ver, onde pode ir, como debe vestir, etc. Pero para o seu pai Hans (Richy Muller) e a súa nai Clara (Barbara Auer), o florecer da independencia de Jeanne formula problemas pouco habituais: Hans e Clara son unha parella de renegados, permanentemente en fuga da policía por razóns non especificadas. Todo o que sabemos é que foron parte nalgún momento dalgún tipo de organización clandestina – presumiblemente unha banda do tipo Baader-Meinhof. Cando lles rouban os seus cartos en Portugal, a familia debe voltar aos ambientes máis perigosos da súa Alemaña natal, onde Jeanne pronto retoma o seu “romance de verán”; co surfeiro Heinrich (Bilge Bingul). Pero isto resulta ser cada vez máis complicado, xa que os seus pais senten á lei achegarse”.

[Texto tirado de “Medo a un BMW negro” por Neil Young]

Mércores 15 de marzo ás 21:30 no Pichel
A seguridade interior
(Die innere Sicherheit, Christian Petzold, Alemaña, 2000, 106′, VOSG)

Sorry, comments for this entry are closed at this time.