Alan Clarke: Elefante + Estrada

Marzo 6th, 2017 | by cineclubedecompostela |

“A segunda produción para [o programa da BBC2] Screenplay de Clarke, Road, describe poderosamente o custo humano das políticas económicas do thatcherismo. A pesar dos seus pouco habituais diálogos poéticos e o uso recorrente de cancións pop, a súa destilación das marcas temáticas e estilísticas de Clarke convértea nunha pedra angular da súa obra. A súa máis marabillosa evocación da relación entre personaxe e entorno, Road introduce episodicamente unha variedade de caracteres nunha desolada cidade do Norte, nunha saída nocturna durante a que Brink e Eddie (Neil Dudgeon e William Armstrong) coñecen a Louise e Carol (Jane Horrocks e Mossie Smith), e lévanse uns aos outros a unha maior elocuencia. A pesar de estar baseada na obra de Jim Cartwright (…), esta produción foi, segundo W. Stephen Gilbert, “reformada” por Clarke, convertida “nalgo que non lle debía nada ao escenario”, un filme “reconcibido” cunha Steadicam. Despois de que unha folga salvara a Clarke de ter que facer Road en vídeo nun estudio, aproveitou a oportunidade para recortar o orixinal, eliminando ao narrador Scullery e outros personaxes, e abrir a obra, seguindo aos personaxes polas rúas preto da mina de carbón de Easington, unha comunidade en decadencia dende o peche da mina logo da folga de mineiros”.

[Tirado da libro Alan Clarke por Dave Rolinson. Manchester: Manchester University Press, 2005].

Mércores 8 de marzo ás 21:30 no Pichel
Elefante
(Elephant, Alan Clarke, Reino Unido, 1989, 39′, VO)
Estrada
(Road, Alan Clarke, Reino Unido, 1987, 62′, VOSG)

Sorry, comments for this entry are closed at this time.