Carruaxe a Viena

Febreiro 14th, 2017 | by cineclubedecompostela |

(…)

– “Un tenta buscar o seu modo de vida na arte, un espazo no que poida traballar, e facer o que lle gustaría facer. Inicialmente, a área que apareceu foi unha de temas bastante xerais nos que non te darías con demasiados obstáculos. Isto inclúe varios dos filmes que Jan Procházka e eu fixemos xuntos, incluíndo Sufrimento e O alto muro [Vysoká zed] – ideas humanistas xerais cun carácter lírico forte. Un tiña polo menos a satisfacción de ter creado un filme artístico, a pequena escala. Pero mesmo isto batía contra oposición: Sufrimento foi calificado de “formalista” polo Comité Central do Partido; e cando os guións estaban sendo aprobados na primavera de 1961, fora clasificado como un “filme adecuado para recrutar xente na agricultura”.

(…)

Outra circunstancia difícil foi a actitude dos críticos de cinema cara min, cara nós os dous; categorizáronnos dende un principio, illáronnos do grupo maioritario, o principal. Non podo evitar sentir que esta actitude non estaba baseada nos nosos filmes como tal, ou nunha avaliación do noso traballo, senón en consideracións políticas e artísticas máis amplas. Ou alomenos que estas cousas xogaron un rol na súa actitude.

Sentín isto máis fortemente no caso do meu filme Carruaxe a Viena [Kočár do Vídně]. Aquel episodio precisaba duns nervios de aceiro, porque primeiro tiveramos que loitar unha batalla contra os “poderes establecidos”; – o censor prohibiuna antes de que chegara máis aló da fase de guión. Novotný en persoa deu permiso a Procházka para rodar o filme, coa condición de que llo ensinaría unha vez rematado. Na proxección, en presenza doutros grandes líderes políticos, Novotný declarou que era unha morea de sensentidos, que a nación non aceptaría algo como iso. Esta vez foron os outros os que foron máis conciliadores, para variar: falaron de valores artísticos; suxeriron que cambiaramos o final dalgunha maneira. Resumindo, déronme unha malleira. Pero non nos foi mellor no subsecuente encontro e discusión con traballadores creativos e críticos no Cineclube. A pesar de que as súas razóns eran diferentes, tiven a impresión de que non era simplemente unha cuestión de que non o comprenderan, senón da súa intención de que o filme fose estigmatizado, condenado. Seguían falando de arte “oficial”; “oficialmente aprobado”; “oficialmente tolerado”; – despois de todo o que acabamos de pasar estaba moi enfadado”.

[Tirado da entrevista a Karel Kachyňa realizada por Antonín J. Liehm en 1968 en Closely Watched Films. The Czechoslovak Experience. Londres: Routledge, 2016].

Mércores 15 de febreiro ás 21:30 no Pichel
Carruaxe a Viena
(Kocár do Vídne, Karel Kachyňa, Checoslovaquia, 1966, 78′, VOSG)

Sorry, comments for this entry are closed at this time.