Grupo Medvedkine

Febreiro 1st, 2017 | by cineclubedecompostela |

“Durante algúns anos, os vaivéns entre Besançon e París foron moi intensos, con Chris Marker como inspirador e inventor dun novo xénero: o cinema feito polos mesmos obreiros. Non quero repetilo constantemente, pero todo o que pasou no Franco Condado durante eses anos non tería sido posible sen Chris Marker. Durante máis de dez anos, dedicoulle o seu tempo e o seu talento a este cinema comprometido onde el mesmo se borraba detrás do obxecto creado. Tamén contribuíu ao desenvolvemento dun cinema diferente, único no seu xénero, como o ten sido toda a súa obra.

En Besançon, a efervescencia das rodaxes, en París, na nosa pequena tenda do 13º distrito, na rúa Albert, unha especie de colmea con aqueles que viñan botar unha man, suxerir película ou material, aqueles que (habitualmente do outro lado do mundo) viñan amosar os seus filmes, con proxeccións e discusións que remataban tarde, entrada a noite […]

É evidente que os filmes do grupo Medvedkine non terían existido sen a nosa pequena “casa” de produción. Como todos os demais filmes que producimos ou distribuímos naquela época, ademais das responsabilidades financeiras e técnicas, nós facíamos que se coñecesen fóra os filmes de Besançon. Durante moitos anos (ata a fin dos anos 70), o interese polos nosos filmes era moi grande en Francia e no estranxeiro. O circuíto non comercial era moi activo e extenso, e case todos os anos tiñamos un programa de filmes que se presentaban en salas no circuíto comercial”.

[Tirados do libreto “Les Groupes Medvedkine” por Inger Servolin].

Mércores 1 de febreiro ás 21:30 no Pichel
Clase de loita
(Classe de lutte, Grupo Medvedkine de Besançon, Francia, 1969, 40’, VOSG)
Sochaux, 11 de xuño de 1968
(Sochaux, 11 juin 1968, Grupo Medvedkine de Sochaux, Francia, 1970, 19′, VOSG)
Posto que vos dín que é posíbel
(Puisqu’on vous dit que c’est possible, Autoría colectiva, Francia, 1973, 47’, VOSG)

Sorry, comments for this entry are closed at this time.