Linguas desatadas

Xaneiro 21st, 2017 | by cineclubedecompostela |

“Fago filmes para ser usados, non fago filmes para que se vexan unha vez na televisión ou no cinema e xa está… Fágoos para provocar á xente dalgunha maneira…”

[Marlon Riggs en “On Marlon Riggs: The Artist and His Influence” por Rhea Combs].

“Linguas desatadas describe a situación, política e cultural dos homes homosexuais negros usando unha intensa mestura de estilos que vai do documental social á montaxe experimental, da narrativa en primeira persoa ao lirismo poético. A través das audaces xustaposicións que realiza, o filme funciona ao mesmo tempo como unha crítica do racismo branco e da homofobia compartida por brancos e afroamericanos, así como unha chamada á unidade do homosexuais negros. Linguas desatadas é formalmente complexa, politicamente apaixonada e indiscutiblemente reveladora, resultando nun dos máis poderosos e efectivos vídeos políticos realizados a finais dos 80″.

[Tirado de “Ethnic Notions. Tongues Untied. Mainstreams and margins” por Chuck Kleinhans en Jump Cut].

Mércores 25 de xaneiro ás 21:30 no Pichel
Linguas desatadas
(Tongues Untied, Marlon Riggs, EUA, 1989, 55′, VOSG)

Sorry, comments for this entry are closed at this time.