Libro perdido atopado

Xaneiro 7th, 2017 | by cineclubedecompostela |

“O cineasta norteamericano, de orixe afgana, Jem Cohen é alguén ao que vale a pena seguir a pista porque os diferentes rexistros audiovisuales que practica son dunha coherencia e unha suxerencia excepcionais. Xa sexa realizando un videoclip de encargo -faceta abandonada en 1996- ou filmando individualmente un documento sobre algúns dos barrios da súa querida Nova York, Cohen extrae poesía de onde non a hai, convertendo banalidades do día a día en iconos existenciais. E sempre o fai dende unha visión do documental moi particular, dunha filmación que prescinde da posta en escea, actores, diálogos e entrevistas, para configurar un cadro con un poder dramático, sutilmente presenciado, fiado pola asociación de imaxes e o collage perfeccionista do son.

Seguindo un método tan sinxelo como o de pasearse coa súa cámara á caza de imaxes determinadas polas rúas das cidades estadounidendes e as periferias menos atractivas -á maneira dun hipotético flaneur postmoderno-, Cohen atopa rastros poéticos dunha sensibilidade contida, pequenas historias que definen todo un mundo e que alcanzan toda a súa densidade na moviola, na cautivadora facilidade coa que empalma as súas imaxes, alcanzando sentido e significado. O seu traballo de cámara é dunha finura e unha meticulosidade tan sorprendente como o exhaustivo traballo de edición de cada unha das súas pezas cinematográficas.

(…)

Pero se a obra de Jem Cohen destaca nalgún dos seus apartados, este é o desa mestura intrasferible de experimentos documentales autorreflexivos. Definición algo inocua que intenta abarcar a súa inclinación a documentar a paisaxe urbana, as súas rúas e os seus rostros, reflexionando sobre todo elo e desvelando motivacións ensaísticas referidas ao seu propio quefacer. Particularidades dun cine-ensaio e dun cine documental que da man a tendencias de carácter experimental no seu formalismo. Un asombroso e eficaz sentido esteticista, que Cohen aplica o nivel visual e sonoro en todos os seus filmes.

Pezas como This is a story of New York. The Golden Dark Age of Reason (1987) ou Libro perdido atopado (1996), son obras que demostran unha querencia polo cine de Chris Marker, as pasaxes de Walter Benjamin, as contradicións das metrópoles de Estados Unidos, o carácter individual, fráxil e espontáneo do formato super8 -e o 16mm- e o poder envolvente das texturas atmosféricas e o collage sonoro”.

[Fragmento de “La existencia en la mirada. El cine reflexivo de Jem Cohen” por Albert Alcoz en Blogs&Docs, febreiro de 2007].

Mércores 11 de xaneiro ás 21:30 no Pichel
As mans negativas
(Les mains négatives, Marguerite Duras, Francia, 1978, 14′, VOSG)
Libro perdido atopado
(Lost Book Found, Jem Cohen, EUA, 1996, 35′, VOSG)

Sorry, comments for this entry are closed at this time.