O tiroteo

Maio 19th, 2015 | by cineclubedecompostela |

the shooting

“Inspirado de lonxe nunha historia de Jack London, o guión d’O tiroteo estivo listo en apenas tres meses. O resultado, segundo Hellman, “non se podía producir, aínda que era moi interesante. Entón tiven fe nela [Carole Eastman] e no seu talento, e decidín seguir adiante”, e aínda que non lle gustaban determinadas pasaxes, demasiado expositivas —nas súas propias palabras—, non houbo reescrituras nin versións adicionais do mesmo. Como non podía ser doutra maneira, a Corman horrorizouno o libreto (e tamén o de Montar o furacán), ata o punto de pensar en suspender ambas producións, sendo os cartos que xa investira nos preparativos o único motivo polo que non o fixo. A pesar de tres días de retardo debido á choiva, a película rodouse en 15 días, sen gastar nin un centavo máis dos 75.000 dólares presupostados, e logo de seis meses de posprodución participou en varios festivais internacionais da talla dos de Cannes ou Edimburgo. Ao contrario que en Francia, onde un distribuidor mercou os dereitos á calor do rebumbio que a película causou en determinados círculos cinéfilos (aínda que quebraría sen chegar a estreala), nos Estados Unidos ninguén se interesaría comercialmente nela ata que, en 1971, e atento á popularidade que Nicholson estaba adquirindo, Jack H. Harris mercara os dereitos d‘O tiroteo e Montar o furacán para estrealas en salas ese mesmo ano”.

Tirado de “O tiroteo” por Andrés Rubín de Celis en Miradas de Cine, número 96 marzo 2010.

Mércores 20 de maio ás 21:30 no Pichel
O tiroteo
(The Shooting, Monte Hellman, EUA, 1966, 82′, VOSG)

Sorry, comments for this entry are closed at this time.