Pesadelo perfumado

Marzo 10th, 2015 | by cineclubedecompostela |

perfumednightmare

“[9] As ideoloxías son axendas políticas que serven para animar ou destruir as desigualdades nunha sociedade. Conectada cos seus temas definitivos de descolonización e liberación humana, a categorización de Pesadelo Perfumado como Terceiro Cinema está tamén baseada na consideración dos seus elementos estilísticos ideolóxicamente determinados:

– O emprego intencional de ángulos de cámara altos e baixos para retratar a disparidade entre os posuidores de poder e os subalternos oprimidos nunha ecuación sociopolítica desequilibrada.

– A frecuente escolla de planos xerais fronte a primeiros planos para situar os personaxes nun contexto comunitario. Gabriel atribúe isto á énfase no realismo psicolóxico no Terceiro Cinema. Cando os primeiros planos son de feito usados, serven para prover comentario social.

– A estratexia de facer aos personaxes mirar directamente á cámara, comunicando implicación coa audiencia. Gabriel sinala que isto é similar ás convencións da narrativa oral, un modo de comunicación que aínda se desenvolve na maioría dos países do Terceiro Mundo.

– O emprego de variacións musicais indíxenas e sons de ambiente realmente distonantes contrastados con periodos de silencio. Isto presenta un ríxido contraste co tono animado das partituras e os deseños de son típicos de Hollywood.

– O uso ideolóxico de montaxe dinámica, ás veces violando regras de espacio e tempo, para delinear contrastes sociopolíticos.

– O emprego da toma longa e ininterrompida para enfatizar un concepto alternativo de tempo en pantalla que difire do apresurado estándar occidental.

– O retrato de eventos e símbolos culturais indíxenas para enfatizar a identidade.

– O uso deliberado de voz over en inglés non sincronizada mantendo aínda audible o diálogo filipino orixinal.

– O uso de non-actores interpretando os seus roles reais ou, polo menos, os seus equivalentes dinámicos, dando como resultado unha caracterización máis auténtica. Entre exemplos máis recentes de Terceiro Cinema asiático que usen a mesma estratexia de casting están The Story of Qiu Ju (China, 1992) de Zhang Yimou, e a súa Not One Less (China, 1999), así como Leaf on a Pillow (Indonesia, 1998), de Carin Nugruho”.

(fragmento tirado de “Perfumed Nightmare and Negative Experiences of Contrast: Third Cinema as Filmic Interpretation of Schillebeeck” por Antonio Sison).

Mércores 11 de marzo ás 21:30 no Pichel
Pesadelo perfumado
(Mababangong bangungot, Kidlat Tahimik, Filipinas, 1977, 93′, VOSG)

Sorry, comments for this entry are closed at this time.