Exceder o estándar

Maio 13th, 2014 | by cineclubedecompostela |

“Lembremos que, baixo as aparencias do xénero da ciencia ficción, Alain Resnais retoma, desprazándoos, os temas desenvolvidos polo seu amigo Chris Marker en O peirao (1962), sendo a coartada fantástica no seu caso un medio para facer pasar outro discurso, máis “realista” se así o podemos dicir. Deseguido aparecen analoxías entre ambos filmes: un mundo subterráneo, experimentos científicos sobre o tempo, unha cobaia coa imaxe fixada dunha muller, unha inmersión no pasado e unha saída fatal. Pero a intención é diferente: Alain Resnais instálase na duración clásica dunha longametraxe tradicional (unha hora e media) co ánimo de perverter mellor ou en todo caso exceder este estándar, mentres que Chris Marker opta pola curta, coma se esta duración lle permitise reforzar a súa visión case-fotográfica que traballa nos límites do cine”.

(fragmento de Martine Bubb, “Le mystère de la chambre noire. Je t’aime je t’aime d’Alain Resnais” en Revue Appareil, n° 6 – 2010)

Mércores 14 de maio ás 21:30 no Pichel
Quérote, quérote
(Je t’aime, je t’aime, Alain Resnais, Franza, 1968, 90′, VOSG)

 

Sorry, comments for this entry are closed at this time.