Edificio España

Maio 5th, 2014 | by cineclubedecompostela |

“Eu vivía preto do edificio e, en canto souben que ía comezar un proceso de rehabilitación integral, decidín impulsivamente que dese proceso debía facer un filme documental. Ese pulo nacía da necesidade de rexistrar un edificio emblemático, o primeiro rañaceos de España e durante moito tempo centro da vida social da cidade. O primeiro que fixen foi un inventario do lugar. Gravei todos os espazos do edificio que, curiosamente, parecían os restos dun naufraxio, posto que ficaran alí moitos obxectos persoais. Despois, en canto fun establecendo confianza cos traballadores da obra, desvieime cara a eles. Digamos que entrei cunha actitude de gravar o pasado do edificio e de súpeto virei cara ao seu inmediato presente. E con estes dous elementos pecheime no edificio durante aproximadamente 10 meses, se ben houben de parar un mes e medio para traballar, porque non tiña cartos. Pechado no edificio impúxenme catro normas que habían marcar o estilo do filme: non saír nunca do edificio, tratar de ir sempre nos mesmos horarios cós traballadores, moverme libremente polo edificio na procura de momentos ou situacións que atopara e, por último, non ver nunca o material que gravaba. Deste xeito quería estar preto dese pulo inicial e conseguir que esta actitude determinara o estilo do filme.”

(Entrevista a Víctor Moreno en numerocero.es)

Mércores 7 de maio ás 21:30 no Pichel
Edificio España
(Edificio España, Víctor Moreno, Estado Español, 2012, 90′, VO)
Con presenza do director

 

Sorry, comments for this entry are closed at this time.