A pedra do lobo

Xaneiro 28th, 2014 | by cineclubedecompostela |

alberte pagan a pedra do lobo cinema galego

“Antes de nada darvos os meus parabéns tanto a ti como a Susi polo esforzo realizado e pola implicación nunha proposta onde hai tanto de vós. Mais estaredes conmigo que este filme é un proxecto que de por si é unha provocación aos estándares cinematográficos. Mais a pesar de notar ese desafío non sei se se logrou totalmente o pretendido e, quizais, ese punto de mira teórico leva a contradicirse coas imaxes. Porén, aínda así, a pesar deste fracaso (aparente) creo que é un filme que conduce, sen dúbida, cara novos camiños. E eu, persoalmente, tomo nota.

Entrando polo miúdo neste punto é a proposta de celebrar que vas a facer unha película sen historia. Obviamente, e non podía ser doutro xeito, é unha posición moi hábil para entrar na ficción. Mais aínda así non o fas moi convencido e sempre saen as costuras de instancias do documental. Está claro que a plusvalía cinematográfica de hoxe en día está en sacar réditos desa lameira onde se misturan a ficción e o documental.”

(fragmento da Carta de Xurxo Chirro a Alberte Pagán a propósito d’A Pedra do Lobo, 28/03/2011)

Mércores 29 de xaneiro ás 21:30 no Pichel
A pedra do lobo
(Alberte Pagán, Galiza, 2010, 111’, VO)
Con presenza do director

 

Sorry, comments for this entry are closed at this time.