Seguimos

Setembro 28th, 2013 | by cineclubedecompostela |

O Cineclube de Compostela reanuda as súas actividades este mes de outubro, no día e hora habituais, todos os mércores ás 21.30h no CS O Pichel (Santa Clara, 21). A tempada 2013/14 abre cun filme que fai parte dun tríptico do que o Cineclube xa avanzou os dous primeiros títulos en cursos anteriores: trátase da terceira parte d’A Batalla de Chile, presentada baixo o subtítulo O poder popular, que pon fin á exhaustiva e abraiante análise que o director chileno Patricio Guzmán fixera do Chile anterior e posterior ao golpe de estado de Pinochet. A sesión completarase coa curtametraxe de Walter Heynowski e Gerhard Scheumann Instantáneas de Chile.

O vindeiro luns 30 de setembro anunciaremos o cartaz completo deste mes de outubro. Polo momento, velaquí os datos da sesión de apertura:

Mércores 2 de outubro ás 21:30 no Pichel
Instantáneas de Chile
(Schnappschüsse aus Chile, Walter Heynowski / Gerhard Scheumann, RDA, 1986, 4′, VO)

A batalla de Chile (Parte III): O poder popular
(La batalla de Chile (Parte III): El poder popular, Patricio Guzmán, Chile, 1979, 82′, VO)

 

Sorry, comments for this entry are closed at this time.