«Montar sen deixar de desmontar»

Xuño 17th, 2013 | by cineclubedecompostela |

«Montar sen deixar de desmontar». Así define Alfonso Camacho o seu traballo de rexistro dos obradoiros de flamenco impartidos no centro social okupado e autoxestionado Fábrica de Sombreros, entre febreiro e maio de 2009. Antes de se converter nun filme acabado, estas Notas sobre o flamenco que presentamos no Cineclube dán conta do mesmo proceso de aprendizaxe que comparten os alumnos que asisten a ese obradoiro semanal. A cámara tatexa, proba, trabúcase, exhíbese en bruto: «algo que se asemellaba co propio taller, onde cada palabra cantada estaba lonxe de ser un obxecto consumado»

(Ilustración de Neus Caamaño)

Mércores 19 de xuño ás 21:30 no Pichel
Notas sobre o flamenco [traballo en curso]
(Alfonso Camacho, Andalucía, 2013, 58′, VO)

 

Sorry, comments for this entry are closed at this time.